HomeDeportes8ª Andaina polo Corazón de Galicia, o 21 de abril en Chantada

8ª Andaina polo Corazón de Galicia, o 21 de abril en Chantada

Ata 250 persoas chegaron a participar en edicións anteriores da Andaina polo Corazón de Galicia, acudindo xente de toda a contorna e destacando a participación de nenos e nenas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O domingo, 21 de abril, celébrase a 8ª Andaina polo Corazón de Galicia, que organiza Atletismo Chantada coa colaboración do Concello de Chantada. A Andaina, que ten como obxectivo dar a coñecer novas rutas de sendeirismo no municipio chantadino e poñer en valor as paisaxes desde os camiños tradicionais que se fan andando, terá nesta ocasión un percorrido de 12 quilómetros. O prazo para inscribirse remata o xoves, 18 de abril ás 23:59 h en ccnorte.com

Ás 10:00h do día 21 comezarase na adega Castrofiz para iniciar a Andaina pola ribeira de Chantada ata Guxeba traxecto no que a organización vén de recuperar un camiño que estaba pechado, “Creo que vai ser moi bonito para os asistentes poder coñecer novas rutas. Cada ano preparamos sendeiros, marcamos a ruta e despois recollemos todo. Procuramos que non quede marca de ningún tipo, que a xente no tire nada. De feito coas andainas aproveitamos para recoller o lixo que atopamos para que quede todo o máis limpo posible”, asegura Alejandro Méndez, presidente do Clube Atletismo Chantada.

O Concello de Chantada colabora facilitando, entre outras aportacións, os medios de asistencia, “Durante a Andaina contarase co apoio de Protección Civil ante posibles caídas ou torceduras. Os participantes terán aprovisionamento de auga en varios momentos da Andaina e contarase en diferentes puntos da ruta cunha ambulancia para calquera emerxencia”, sinala a concelleira de Deportes, Belén Vázquez.

A seguinte cita que organiza Atletismo Chantada é a Carreira Popular de Chantada que terá lugar o sábado, 18 de maio. Próximamente presentarase o cartel e programa da actividade.

ÚLTIMAS

“A marcha nórdica activa o 90% da musculatura e, se sorrís, o 100%”, Alberto Fidalgo, subcampión do mundo

Alberto Fidalgo cóntanos que dende pequeno sentiu atracción polos deportes de montaña e natureza,...

O CC Ponte Vella convida a gozar dun atractivo e amplo programa de actividades de Nadal

O Centro Comercial Ponte Vella de Ourense presenta un amplo e atractivo programa de...

A igrexa de Santa María de Nogueira, en Chantada, estrea mellora da contorna

O Concello de Chantada vén de rematar o acondicionamento da contorna da igrexa de...

Xornada sobre subvencións para empresas, este 16 de decembro no Centro do Viño da Ribeira Sacra

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next centra a actividade en seguir dotando de...