HomeDeportesA Xunta tamén colaborará co 'Campionato de España de Taekwondo' de Monforte

A Xunta tamén colaborará co ‘Campionato de España de Taekwondo’ de Monforte

O xefe do servizo de Deporte, Manuel Otero, reuniuse con José María Vega, director deportivo do club Neka, para abordar os detalles do evento.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta vén de anunciar que colabora co Campionato de España de Taekwondo, que se celebrará por primeira vez en Monforte de Lemos este sábado, 4 de maio.  O xefe do servizo de Deporte, Manuel Otero, reuniuse con José María Vega, director deportivo do club Neka, para abordar os detalles do evento.

Está previsto que participen 373 deportistas pertencentes a seleccións autonómicas de todo o Estado. Da selección galega concorren 61 participantes, 11 deles do club monfortino. A competición desenvolverase no pavillón do IES A Pinguela desputándose nas modalidades de técnica e estilo libre.

Tanto desde a Xunta como desde a organización puxeron en valor o feito de que Monforte acolla un campionato deste nivel, clasificatorio para formar parte da selección española no mundial de Honk Kong, que se disputará no mes de decembro.                                                                    

                                     

ÚLTIMAS

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...