Este Campionato de España de Taekwondo celebrado en Monforte reuniu a 373 taekwondistas procedentes das 17 Comunidades Autónomas de España, estimando fontes do Concello de Monforte que puideron chegar á cidade máis de 1.500 as persoas.
As competicións desenvolvéronse en xornada de mañá e tarde do sábado 4 de maio. Dende as 9:00 e ata as 13:30 horas disputouse a modalidade de Poomsae (técnica).E pola tarde, de 15:00 a 17:00 horas, foi a quenda da modalidade de Freestyle.
Ademais, o devandito Campionato puntúa para formar parte da Selección Española que acudirá ao Mundial de Hong Kong, en decembro deste ano 2024.
MONFORTE, MERECIDO ANFITRIÓN DESTE CAMPIONATO
Segundo fontes do concello, “as condicións que ofrece o novo Pavillón da Pinguela, xunto cos éxitos acadados nos últimos anos polos taekwondistas monfortinos, foron decisivos para a consecución deste campionato que se desenvolveu con total normalidade, sendo un éxito de organización e participación“. D. Jesús Castellanos Pueblas, Presidente da Real Federación Española de Taekwondo entregoulle ao Alcalde de Monforte, D. José Tomé Roca, unha placa en agradecemento pola súa colaboración co Teekwondo Español.
Nos actos, o Alcalde e Presidente da Deputaciónde Lugo, José Tomé roca, estivo acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, o Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, o Concelleiro de Medio ambiente, Medio Rural e Servizos, José Luis Losada, a Concelleira de Consumo, Regina López e a Concelleira de Muller e Igualdade, Margarita López. O Presidente Real Federación Española de Taekwondo, Jesús Castellanos Pueblas. Xefe do Servicio Provincial de Deportes, Manuel Otero Méndez. O director deportivo do Ximnasio Neka, José María Vega.
Para a disputa deste importante campionato na cidade do Cabe, o Concello de Monforte achegou unha axuda de 5.000 € e a Deputación Provincial de Lugo outros 5.000 €; “aportando o 66,6%, que son 2/3 do custe do canon de 15.000€ que a Federación Española de Taekwondo estipulou para conceder a celebración do Campionato na nosa cidade”, comentaban dende o concello.
MEDALLEIRO MONFORTINO
Alex Camba: ouro individual e ouro en trío
Laura Álvarez: prata en individual e parella
Daniel Areán: prata en parella
Carlos Rey: ouro en trío e bronce en parella
Marco García: ouro en trío
Lucia Roca: prata en parella e ouro en trío
Aitor Teijeiro: prata en parella
Inés Casal: bronce en trío
Alicia Castro: bronce en trío
Aya Jabni: bronce en trío.