HomeDeportesMáis de 200 ciclistas participarán no Campionato Galego de Contrarreloxo Individual que...

Máis de 200 ciclistas participarán no Campionato Galego de Contrarreloxo Individual que se disputará o venres na Pobra do Brollón

As competicións desenvolveranse ao longo da mañá, desde as 9.30 horas, cando está prevista a saída dos primeiros participantes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Pobra do Brollón acollerá o venres -17 de maio- o Campionato Galego de Contrarreloxo Individual, organizado pola Federación Galega de Ciclismo coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e da Xunta de Galicia.

As categorías Juniors, Sub 23, Elite e Master terán que completar un percorrido de 23,5 quilómetros, nun traxecto de ida e volta entre A Pobra do Brollón e Bóveda, pasando por Cereixa. No caso de paraciclismo, infantil e cadete, o circuíto será de 11,7 quilómetros, entre A Pobra do Brollón e Fornelas.

No acto de presentación que tivo lugar na Casa da Cultura da Pobra do Brollón, o alcalde Xosé Lois Maceda valorou o campionato como “unha oportunidade máis para amosar A Pobra do Brollón de cara ao exterior e para seguir dinamizando a economía local en torno ao turismo” e subliñou “a importancia da colaboración institucional para que este tipo de eventos se celebren en concellos rurais”

O vicepresidente, Efrén Castro explicou que “a colaboración na organización do Campionato de Contrarreloxo Individual reforza a aposta da área de Deportes polo ciclismo como plataforma para promocionar a riqueza natural e o patrimonio das comarcas de Lugo” e destacou tamén “a contribución destas probas a impulsar o tecido afeccionado e profesional deste deporte en Galiza”.

Pola súa banda o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, gabou o traballo da Federación Galega de Ciclismo na organización da proba, e subliñou a colaboración do Goberno galego coa entidade a través do convenio anual que promove a Secretaría Xeral para o Deporte, “Achégase financiamento para este tipo de eventos que premian o esforzo dos deportistas e crean afección entre as novas xeracións”.

ÚLTIMAS

13 adegas na 43 Feira do Viño de Chantada que se celebra do 6 ao 8 de marzo

Participan da 43 edición da Feira do Viño de Chantada 13 adegas: Adega Lareu...

Dimite a concelleira de Igualdade de Monforte e a súa acta será asumida por Miguel Tomé, fillo do alcalde

A concelleira de Igualdade do Concello de Monforte, Margarita López Rodríguez, presentou a súa...

Nova convocatoria de axudas á natalidade no Concello de Chantada

A convocatoria de axudas á natalidade no Concello de Chantada ten por obxecto beneficiar...

O presidente da Xunta reúnese co alcalde de Sober para valorar proxectos para o municipio

Ambos os mandatarios subliñan a importancia da colaboración do Goberno galego cos concellos, especialmente...