HomeDeportesCampus de Voleibol e de Fútbol en Quiroga

Campus de Voleibol e de Fútbol en Quiroga

O de voleivol leva o nome da excelente xogadora Carolina Camino e desenvolverase do 8 ao 12 de xullo no pavillón municipal. Está aberto a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 6 e os 16 anos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Quiroga poñerá en marcha un ano máis, e xa van 5, un campus de voleibol bautizado co nome da xogadora Carolina Camino, deportista quiroguesa que segue medrando deportivamente. A que foi ata esta tempada xogadora do Arenal Emevé, defenderá a vindeira tempada a camisola do Vandoeuvre Nancy Volley Ball, equipo que milita na Primeira División francesa.

O campus desenvolverase do 8 ao 12 de xullo no pavillón municipal e está aberto a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 6 aos 16 anos. No que respecta ao horario, este terá lugar entre as dez da mañá e a unha e media do mediodía.

Ademais de volei, os e as participantes teñen a oportunidade de acudir ás instalacións das piscinas municipais onde os deberán de recoller os pais, nais ou titores.

As inscricións poden realizarse na Casa da Cultura ata o 5 de xullo tendo un prezo de 30 euros incluído o equipamento de cada participante.

CAMPUS DE FÚTBOL DE QUIROGA

O Campus de Fútbol de Quiroga, que xa alcanza a súa XVI edición, celebrarase entre os días 15 e 19 de xullo desenvolvéndose entre o campo de fútbol San Martiño e as instalacións das piscinas municipais. O horario será das dez da mañá á unha e media do mediodía.

Os rapaces que queiran participar deste campus teñen que ter entre 6 e 16 anos e anotarse na Casa da Cultura. O prezo do campus, que inclúe equipamento, será de 30 euros para os participantes das escolas deportivas e de 50 euros para o resto.

ÚLTIMAS

Moi boas previsións de ocupación turística na Ribeira Sacra para a ponte do Pilar

Segundo informacion que traslada o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, as expectativas de ocupación...

Rexistrados dous tremores de terra en Taboada

Segundo os datos do IGN (Instituto Geográfico Nacional), o primeiro tremor produciuse sobre as...

Labores de mantemento no encoro dos Peares condicionan desde o 12 de outubro as rutas en catamarán polo Miño

A baixada do nivel da auga comezará o vindeiro 12 de outubro, ata acadar...

Renfe ofertará unhas 39.000 prazas para a ponte do Pilar no corredor Galicia-Madrid

Con motivo da ponte do Pilar, Renfe poñerá ao dispor dos viaxantes máis de...