HomeDeportesBronce para dúas piragüistas monfortinas no Campionato Mundial de Sabero

Bronce para dúas piragüistas monfortinas no Campionato Mundial de Sabero

Noa Díaz e Ximena Prats, xunto con Eider Larrañaga, acadaron bronce na modalidade de C-1 patrullas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O canal de augas bravas de Sabero-Alejico, en terras leonesas, acolleu do 15 ao 17 de agosto o Campionato do Mundo de Augas Bravas, concentrando a uns 300 deportistas de 27 países de todo o mundo.

Noa Díaz e Ximena Prats, piragüistas do Club Quixós de Monforte, xunto con Eider Larrañaga, foron quen de acadar un metal de bronce co seu terceiro posto na modalidade de C-1 de patrullas feminino. Por enriba delas quedaron as checas Marie Nemcova, Anna Retkova e Jana Strilkova (prata); e Fontaine, Eve Vitali-Guilbert e Elsa Gaubert (ouro). Con este éxito déronlle á selección española a única medalla acadada na categoría sénior.

Podium tras a competición de C-2 feminino. Foto cedida.

Pola súa banda, Noa Díaz estivo a piques de alcanzar outra medalla ao quedar cuarta na proba de C-2 feminino formando equipo coa súa compañeira Eider Larrañaga.

O director deportivo do Quixós, Santi Díaz, e o club no seu conxunto, amosan a súa satisfacción por este logro que tanto mérito ten para un colectivo modesto e con recursos tan limitados.

ÚLTIMAS

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...

O Concello de Monforte contribúe á organización do Ciclo de Cine en versión orixinal da Escola Oficial de Idiomas

A programación desta nova edición comezou o 6 de novembro coa proxección de "La...

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...