HomeDeportes5 ouros e 4 pratas para o taekwondo monfortino no Campionato Galego

5 ouros e 4 pratas para o taekwondo monfortino no Campionato Galego

O 'Campionato Galego de Técnica e Freestyle de Taekwondo' celebrouse no novo Pavillón polideportivo municipal de A Pinguela de Monforte este sábado 11 de xaneiro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Novo Pavillón polideportivo municipal de A Pinguela, en Monforte, acolleu este sábado 11 de xaneiro pola mañá o Campionato Galego de Técnica e Freestyle de Taekwondo, organizado pola Federación Galega, o Club Neka, e coa colaboración e patrocinio do Concello de Monforte de Lemos e a Deputación de Lugo.

Para competir neste Campionato Galego de Taekwondo chegaron á cidade do Cabe 150 taekwondistas procedentes de toda Galicia, participando deportistas de 11 anos en adiante.

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, en representación do Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, fixo entrega dos diferentes trofeos e medallas e estivo acompañado pola Concelleira de Sanidade e Tráfico, Pilar Espinosa, así como o Presidente da Federación Galega de Taekwondo, Juan Carlos Eiríz López, o Secretario Territorial da Xunta en Lugo, Alejandro Fontela e o director deportivo do Ximnasio Neka, José María Vega.

TAEKWONDISTAS MONFORTINOS PARTICIPANTES

Cadete femenino: Alba Díaz, Alicia Castro e Inés Casal.

Júnior femenino: Lucía Roca.

Júnior masculino: Alan David Bustamante e Aitor Teijeiro.

Sénior 1 masculino: Álex Camba, Carlos Rey, José Roca, Marco García e Daniel Areán.

Sénior 1 femenino: Laura Álvarez, Nerea Mora e Icía Marcos.

MEDALLEIRO PARA OS/AS DEPORTISTAS LOCAIS

No que respecta aos ouros, 5 medallas quedaron en Monforte. Taekwondistas: Alex Camba, Laura Álvarez, parella Laura Álvarez e Dani Árean, parella Aitor Teijeiro e Lucía Roca, trío Alex Camba, Marco García e Carlos Rey.

Tamén se acadaron 4 pratas que foron para: Lucía Roca, Aitor Teijeiro, Inés Casal e trío Alicia Castro, Inés Casal e Alba Diaz.

ÚLTIMAS

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...