HomeDeportesO Club Lemos preséntalle o seu proxecto de futuro ao Alcalde de...

O Club Lemos preséntalle o seu proxecto de futuro ao Alcalde de Monforte

José Tomé Roca, mantivo na tarde do mércores 12 de xaneiro unha xuntanza de traballo coa nova directiva do Club Lemos de fútbol.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O novo presidente do Club, Antonio López, que foi elixido polos socios o pasado sábado 18 de xaneiro de 2025, acudiu á Casa do Concello acompañado da nova directiva para presentarlla ao Alcalde monfortino.

Na xuntanza, na que estivo tamén a Tenente de Alcalde, Gloria Prada, os membros do novo equipo directivo do Club Lemos explicáronlle a José Tomé o seu proxecto de presente e de futuro para esta entidade deportiva, cuxo equipo de fútbol masculino milita actualmente no grupo 1-norte da Preferente Galicia.

O rexedor monfortino manifestou o seu apoio ao club, que se materializa cunha axuda anual de 18.000 euros, e desexoulle á nova directiva e ao seu presidente os maiores éxitos deportivos e de xestión nesta nova etapa que veñen de iniciar á fronte do Club Lemos.

INVESTIMENTOS ANTERIORES

O Concello de Monforte leva investido no campo do Club Lemos, o Campo municipal de fútbol de A Pinguela, a cantidade de 310.000 euros nos últimos anos. Concretamente na renovación do céspede do terreo de xogo, a instalación dunha nova iluminación interior e exterior do campo e das pistas de atletismo, a instalación dun novo videomarcador LED e a recente contratación da renovación dos parasois da grada.

ÚLTIMAS

Agroma Sober leva a pleno o “estado lamentable” da vía do tren entre Areas e Santo Estevo

A vía abriu ao tráfico en novembro de 2024, pero os restos do material...

Ata o 7 de novembro pódense solicitar as axudas ao transporte do alumnado universitario e de ciclos formativos de Monforte

As axudas están dirixidas a cubrir os gastos de transporte público do alumnado universitario...

O CC Ponte Vella de Ourense celebra o seu 24º aniversario

Durante dúas semanas, visitantes, familias e amigos poderán gozar de talleres, exposicións, xogos, espectáculos...

O PP pídelle á Deputación reparto igualitario dos fondos

No documento que se elaborará coas achegas que realicen os representantes do PP de...