HomeDeportes3CUMIOS, levando o nome da Ribeira Sacra ao máis alto

3CUMIOS, levando o nome da Ribeira Sacra ao máis alto

Tres alpinistas de Sober, Manuel Vieitez; Pantón, Tomás Porto e Monforte, José Manuel Prieto, integran o equipo 3cumios, que se prepara para emprender no mes de xullo una das aventuras máis desafiantes das súas vidas: a ascensión ao Huascarán nos Andes, a montaña tropical máis alta do planeta.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Expedición Huascarán 2025 levaraos á Cordilleira Branca en Perú, a unha altitude de 6.768 metros, “este coloso non só representa un reto físico e mental, senón tamén unha oportunidade única para proxectar e promocionar a Ribeira Sacra nun escenario internacional”, aseguran.

Para facer realidade este proxecto o equipo de alpinistas conta coa colaboración do Concello de Sober, o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, a Xunta de Galicia e a Deputación de Lugo a través da Vicepresidencia. Agora que a iniciativa é xa unha realidade traballan para solicitar o maior apoio institucional posible.

Afirman que a través desta expedición, buscan dar a coñecer a beleza, a cultura e o espírito de superación que caracterizan a esta terra, converténdoa nun símbolo de inspiración a nivel global. A expedición, programada para 2025, forma parte do Proxecto 3 Cumes, unha iniciativa que busca conquistar tres montañas icónicas en tres continentes diferentes. O Huascarán será a primeira parada deste ambicioso proxecto, que combina a paixón polo alpinismo cun profundo respecto polas comunidades locais e o medio ambiente. O equipo de 3CUMIOS planea completar a expedición en aproximadamente 20 días, establecendo varios campos de altura para adaptarse ás condicións extremas, que inclúen unha porcentaxe de osíxeno do 43%, temperaturas de ata -25°C, gretas ocultas no glaciar e pasos técnicos de escalada en xeo ao longo do roteiro.

3CUMIOS destinará o 10% das achegas recadadas a colaborar coas comunidades locais, proporcionando material deportivo que promova o acceso ao deporte como ferramenta de crecemento e superación. “Queremos que esta expedición sexa unha ponte entre culturas, un exemplo de superación e unha oportunidade para inspirar a outros a soñar en grande”, afirma o equipo. “Pero tamén é unha forma de levar o nome da Ribeira Sacra todo o máis alto, mostrando ao mundo a riqueza natural e cultural da nosa terra”.

O equipo conta cunha ampla traxectoria nalgunhas das montañas máis emblemáticas do mundo, como os Alpes, os Pireneos, a Patagonia e os remotos cumes de Mauritania. Unidos por unha paixón irrenunciable polo alpinismo, José Manuel Prieto, Tomás Porto e Manuel Vieitez buscan superar os seus límites persoais mentres promoven valores universais como a perseveranza, o traballo en equipo e o respecto pola natureza.

ÚLTIMAS

Arrinque exitoso de inscricións no Quiroga Trail Challenge 2026

O pasado 13 de outubro abríronse as inscricións para unha nova edición do Quiroga...

A entidade AGORA presenta a reforma do aseo do seu Centro de Atención Diurna

Co fin de  mellorar as súas instalacións e que as mesmas sexan un referente...

O PP de Monforte presenta unha moción para mellorar a seguridade da estrada provincial en Piñeira

A voceira popular, Katy Varela, explica que os traballos realizados non contemplaron o aumento...

O (Re)encontro: entrando na Xeración Lugo da Rede Museística e nun modelo de xestión que democratiza a cultura e o acceso a ela

A xerente da Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL), Encarna Lago, advirte ao respecto...