HomeDeportesO reto solidario "Correndo polos que non poden" chega a Quiroga o...

O reto solidario “Correndo polos que non poden” chega a Quiroga o 9 de agosto

O ultrafondista Fernando Velasco Magaldi correrá 54 quilómetros polos concellos de Quiroga e Ribas de Sil en apoio ás enfermidades raras e ás persoas con discapacidade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O próximo 9 de agosto terá lugar unha das etapas desta iniciativa solidaria organizada pola proba deportiva Quiroga Trail Challenge, en colaboración co Concello de Quiroga. O corredor rioxano, Fernando Velasco, que desde hai anos se centra na visibilización de enfermidades raras como o ELA ou a esclerose, lidera o reto de correr 2.000 quilómetros repartidos entre varias comunidades autónomas españolas e 330 kms do soado Tor de Geants, nos Alpes italianos.

Nada menos que 2.330 kms loitando por aumentar o investimento na investigación destas enfermidades e pola integración e inclusión das persoas con discapacidade. A etapa de Quiroga celebrarase o sábado, 9 de agosto, desde as 8.00 h. ata as 14.00 h. O circuíto deseñado polo QTC, en apoio a esta iniciativa, consisitirá nun percorrido duns 13,5 kms ao que o atleta dará 4 voltas para alcanzar os 54 kms que adoita percorrer en cada etapa.

Con saída e chegada ao Albergue de Quiroga, o percorrido pasará pola Rúa Real para dirixirse ao paseo fluvial de San Clodio pasando pola estación de ferrocarril e a presa de Sequeiros. Chegará a Novaes e ao Castelo, para encamiñarse cara as viñas de Casa de Outeiro e al adeas de Caspedro e San Xulián de Arriba. Regresará ao centro urbano quirogués polo paseo fluvial ata chegar de novo ao Albergue.

Todo aquel que se anime a acompañar a Fernando será máis que ben recibido, en calquera volta e coa distancia que se prefira. Sen dúbida, a ocasión perfecta para coñecer máis de preto o seu reto e algunha das experiencias xa vividas. Co seu lema “O que non se ve, non se coñece. O que non se coñece, non se investiga”, Fernando anímanos a sumarnos ao seu proxecto

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...