HomeDeportesCampionato de España de Federacións Autonómicas de Pitch & Putt en Monforte

Campionato de España de Federacións Autonómicas de Pitch & Putt en Monforte

Celébrase nas instalacións do Club de Golf Río Cabe os días 3, 4 e 5 de outubro. Un total de 64 xogadores/as de 16 comunidades autónomas competirán polo título nacional autonómico.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este xoves tivo lugar xa unha xornada de adestramento nas instalacións do Club de Golf Río Cabe de Monforte, xornada previa aos días de competición: venres 3, sábado 4 e domingo 5 de outubro.

A proba, “Campionato de España de Federacións Autonómicas de Pitch & Putt”, contará coas seleccións autonómicas desta modalidade de 16 Comunidades: Galicia, Andalucía, Castela e León, Canarias, Madrid, Castela a Mancha, A Rioxa, Cantabria, Navarra, Murcia, Asturias, Baleares, Comunidade Valenciana, Estremadura, País Vasco e Aragón.

Cada unha das seleccións estará formada por 4 xogadores que se disputarán o título durante os tres días de competición, nunha xornada inicial na que se xogarán 36 foxos clasificatorios stroke play para, a continuación, a partir do sábado 4, dar comezo ás xornadas match play nas que se disputa un dos principais títulos a nivel nacional.

O Club de Golf Río Cabe e Monforte convértense deste xeito no epicentro nacional do Pitch & Putt, recibindo aos mellores xogadores e ás mellores xogadoras do estado. Un total de 64 xogadores/as, os e as mellores de cada Comunidade Autónoma, disputaranse o título nacional autonómico.

ÚLTIMAS

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...

457.000€ para mellorar o servizo de recollida de lixo no Saviñao

Entre o novo material destaca un camión con sistema de carga traseira, destinado á ...

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...