HomeDeportesOs veteranos do Club Quixós de piragüismo fan pleno no podio nunha...

Os veteranos do Club Quixós de piragüismo fan pleno no podio nunha proba disputada en Portugal

Esta pasada fin de semana tiña lugar en Covas, Vila Nova de Cerveira, a XVI Taça Ibérica de Slalom. O Club monfortino participaba, xunto con outros clubes galegos e portugueses, nesta competición internacional na que acadou un total de 9 medallas e un 3º posto por equipos.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

O Club Quixós desprazábase esta pasada fin de semana ata Portugal para competir na coñecida como Taça Ibérica (Copa Ibérica), unha proba que se celebrou na freguesía de Covas, en Vila Nova de Cerveira, e que este 2026 alcanzaba a súa XVI edición. O sábado 28 de febreiro tiveron lugar as eliminatorias e as semifinais, deixando para o domingo 1 de marzo as finais que alcanzaron gran parte dos deportistas que ían na expedición do club de piragüismo monfortino.

Foto de equipo do Club Quixós tras a competición. Foto: XMF

A competición tivo como escenario o fermoso río Coura, na Azenha de Pagade, e a climatoloxía acompañou os dous días con presenza de sol preprimaveral que foi ben recibido pola organización, equipos deportivos participantes, acompañantes e público en xeral.

O Club Quixós fixo un gran papel nesta competición internacional, de carácter ibérico, acadando un 3º posto por equipos e levando a Monforte un total de 9 medallas individuais (5 ouros, 3 pratas e 1 bronce). Todas e todos os integrantes do equipo competiron a gran nivel, se ben só poideron subir ao podio Sara Inés Varela, Noa Díaz, Xoel Fernández, Jose Liñares, Pablo e Santi Díaz.

Na categoría xuvenil, Xoel Fernández acadou 2 ouros: en K-1 e en C-1; en júnior, Sara Inés acadou dúas pratas: en C-1 e en K-1; e na categoría sénior, Noa Díaz foi campiona en K-1 e tamén en C-1. Pola súa banda, e como curiosidade, na categoría de veteranos K-1, subiron ao podio 3 piragüistas do Quixós: Santi Díaz (ouro), Pablo (prata) e Jose Liñares (bronce). Este último amosou especialmente a súa ledicia pois era a primeira vez que conseguía medalla.

Pleno no podium de veteranos na XVI Taça Ibérica de Covas 2026. Foto: Federación Galega de Piragüismo.
Un dos podiums de Sara Inés Varela. Foto cedida.
Un dos podiums de Xoel Fernández. Foto cedida.
Un dos podiums de Noa Díaz. Foto cedida.

ÚLTIMAS

A Fiscalía abre proceso contra José Tomé por acoso sexual

O paso da Fiscalía Provincial prodúcesetras recibir unha denuncia particular por feitos "supostamente delituosos"...

Courel Vivo pide que se inclúan os concellos de montaña na nova lei de administración local

Desde Courel Vivo consideran que eliminar adminstrativamente as comarcas levará a distanciar máis os...

O territorio do Lor e o Xeoparque Montañas do Courel confírmanse como referencia para o trail running a nivel nacional

A XII edición do Quiroga Trail Challenge vén de rematar cun gran éxito de...

Sober presenta o cartel da Feira do Viño e a programación do Mes do Amandi

O deseño que anuncia a Feira do Viño de Amandi presentouse no miradoiro de...