A 30º edición dos Xogos Autonómicos de Baloncesto para persoas con discapacidade intelectual organizados por Special Olympics Galicia celébranse este sábado 17 de outubro con partidos de 12:00 a 14:30 h. e de 16:00 a 19:00 h. Daranse cita no Pazo Provincial dos Deportes de Lugo 151 deportistas, acompañados de 35 adestradores, agrupándose en equipos compostos por 5 xogadores/as e 3 suplentes para participar en partidos divididos por niveis segundo o seu coñecemento das regras do xogo, a súa técnica individual e as súas necesidades de apoios externos (Bo nivel, Nivel Intermedio e Nivel Inicial). Tamén haberá probas adaptadas de destreza individual de condución da pelota e lanzamento de perímetro.
Tamén acudirán persoal de voluntariado, equipos de emerxencias e membros da organización, reunindo a 232 persoas que buscan a inclusión das persoas con discapacidade intelectual a través do deporte e do lecer.
O evento conta coa colaboración do Concello de Lugo, da Deputación de Lugo, de FADEMGA Plena Inclusión Galicia e da asociación lucense San Vicente de Paúl.
REPRESENTANDO A LUGO SUR
Das 13 entidades sociais de toda Galicia das que proceden os participantes inscritos nestes 30º Xogos Autonómicos de Baloncesto dúas prepresentan ao sur de Lugo: CAPD de Sarria e Prodeme de Monforte.

