HomeEconomíaAxudas para poñer en valor terras abandonadas

Axudas para poñer en valor terras abandonadas

As subvencións que convoca a Deputación de Lugo son de 500 euros por hectárea cun máximo de 9.000 por beneficiaria/o e o prazo para solicitalas remata o vindeiro 7 de xuño.

Publicado o

- Advertisement -

Dende onte xa se poden solicitar axudas para a recuperación de terras abandonadas no rural. Trátase dunha nova edición do chamado Plan de Recuperación de Terras Abandonadas, do que xa se levan beneficiado 220 lucenses que puxeron a producir 1.200 hectáreas.

Á vista do éxito desta iniciativa o Executivo Provincial reedita a convocatoria e inviste para esta ocasión 100.000 euros, os interesados e interesadas poden pedilas ata o 7 de xuño, toda a información atoparédela no BOP do 9 de maio.

Están dirixidas a gandeiros, labregos, agrupacións de produtores, SATs e veciñas/os que sexa titulares de explotacións, dispoñendo dunha hectárea de terra como mínimo. A achega por hectárea é de 500 euros e nunca máis de 9.000 por beneficiario/a.

A Deputación gábase de ser a primeira administración galega en apostar por unha medida destas características para poñer en valor terras ‘a monte’ no rural. Segundo o executivo provincial, con esta liña de axudas, que funcionaron xa nos anos 2014 e 2015, investíronse máis de 560.000 euros en 178 proxectos de agricultores que recuperaron 1.200 hectáreas de terreos baldíos na provincia.

ÚLTIMAS

Chantada reforza o acceso á información turística nun outono que segue atraendo visitantes á Ribeira Sacra

Destaca o interese dos visitantes nesta época do ano na que a paisaxe do...

A Deputación adxudica a explotación dos Náuticos Ponte do Sil e Maiorga

Con estes acordos, a institución provincial dá continuidade á actividade turística e de lecer...

Beth Willard, recoñecida xornalista e crítica de viños, visitou a Ribeira Sacra

O Consello Regulador da Ribeira Sacra encargouse de coordinar a estancia e a programación...

Máis de 550 participantes inscritos para o QTC 2027

Conta atrás para a celebración do Quiroga Trail Challenge 2027, proba que conta xa...