HomeEconomíaGallaecia Delicatessen, un novo proxecto empresarial no polígono de Reboredo

Gallaecia Delicatessen, un novo proxecto empresarial no polígono de Reboredo

Este novo proxecto empresarial contará cunha inversión de dous millóns de euros e espérase que xere uns 25 postos de traballo.

Publicado o

- Advertisement -

Hoxe día 25 de xuño presentouse en Monforte a nova iniciativa empresarial do Polígono Industrial de Reboredo. Trátase dunha empresa de nova creación denominada “Gallaecia Delicatessen” iniciativa do empresario Jesús Hernández Bleda, de orixe catalá pero afincado en Bóveda.

“Gallaecia Delicatessen” dedícase á transformación e comercialización de produtos cárnicos de gando vacún autóctono selecto. En palabras de Jesús Hernandez, trátase de “ganado autóctono gallego, piezas nobles, piezas extras, piezas de primera y elaborados”. O seu produto estrela son os lomos madurados de vaca e boi, para os que utilizan un moderno sistema de maduración. Estes alimentos distribúense en toda España, pero tamén noutros países da Unión Europea como Francia, Alemaña, Bélxica ou Suíza.

Cámaras frigoríficas. Gallaecia Delicatessen

Este proxecto contará cun investimento de dous millóns de euros, dos cales 480.000 proveñen dunha subvención da Consellería do Medio Rural. Espérase que cree uns 25 postos de traballo directos, ademais das seis persoas que xa traballan nel. Ocupará un total de 1800 metros cadrados de instalacións no parque empresarial de Reboredo, distribuídos nun peirao de carga e descarga, unha zona de lavado, tres cámaras de maduración e oficinas, entre outros.

Produto de ‘Gallaecia Delicatessen’

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...