HomeEconomíaNa Ribeira Sacra esperan unha colleita de 7 millóns de quilos de...

Na Ribeira Sacra esperan unha colleita de 7 millóns de quilos de uva

A denominación de orixe Ribeira Sacra achegarase este ano aos sete millóns de quilos de uvas, segundo as estimacións do consello regulador, o que supoñería un aumento de case un millón de quilos con respecto á vendima do ano pasado. 

Publicado o

- Advertisement -

En declaracións a EFE, o presidente do consello regulador, José Manuel Rodríguez, confirmou que as adegas “necesitan un millón de quilos máis de uva” para “cubrir as súas necesidades”, porque “a denominación de orixe está a crecer”. “Creo que nesta colleita pódese chegar a esa cifra. Roldaremos os sete millóns de quilos se non sucede ningunha desgraza co tempo”, dixo Rodríguez, quen lembrou que, polo menos de momento, “a climatoloxía foi favorable” para as cepas e para o desenvolvemento do froito. “Aínda é pronto para dicilo, pero esperamos unha colleita de boa calidade e abundante”, explicou.

Os controis de maduración comezarán a mediados deste mes porque o bo tempo favoreceu que a maduración da uva vaia máis adiantada do habitual. O presidenteda D.O. Ribeira Sacra tamén precisou que as vendas “van moi ben”, de modo que xa non quedará viño sen vender nas adegas cando entre a nova colleita.

ÚLTIMAS

457.000€ para mellorar o servizo de recollida de lixo no Saviñao

Entre o novo material destaca un camión con sistema de carga traseira, destinado á ...

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...