HomeEconomíaA Ribeira Sacra, anfitroa da Conferencia Española de Consellos Reguladores

A Ribeira Sacra, anfitroa da Conferencia Española de Consellos Reguladores

O encontro celebrarase do 24 ao 26 de outubro.

Publicado o

- Advertisement -

A denominación de orixe Ribeira Sacra actuará como anfitrioa da vixésimo cuarta asemblea xeral da Conferencia Española de Consellos Reguladores Vitivinícolas (CECRV), que se celebra entre os días 24 e 26 de outubro.

A CECRV responde así á invitación formulada polo propio Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, que quere aproveitar a celebración desta cita no seu territorio para buscar novos apoios á candidatura desta comarca a Patrimonio da Humanidade.

“Durante tres días contarase na Ribeira Sacra con representación do 98% da produción estatal de viño con denominación de orixe. A CECRV aproveitará a súa asemblea para elixir nova directiva e sería importante que mostrase o seu apoio explícito á candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade”, dixo o presidente do consello regulador, José Manuel Rodríguez.

A asemblea da CECRV terá lugar na Casa da Cultura Lois Pereiro, de Monforte de Lemos, o 25 de outubro, entre as 10.00 e as 13.30 horas.

Nesta xornada, os acompañantes dos participantes na asemblea gozarán de visitas guiadas ao Colexio A nosa Señora da Antiga e ao Pazo de Tor.

A D.O. Ribeira Sacra xa foi anfritriona dunha asemblea da CECRV no 2010, coincidindo co Ano Santo.

Nesta ocasión, os participantes, que chegarán na tarde do 24 de outubro, terán a posibilidade de viaxar en catamarán, percorrer un tramo do Camiño de Inverno -en Belesar-, comer en adegas e cear no Parador de Santo Estevo.

“Trátase de mostrar o que somos no pouco tempo que temos para seguir solicitando apoios á candidatura de Patrimonio da Humanidade. É unha satisfacción que aceptasen a nosa invitación para coñecer o noso territorio”, José Manuel Rodríguez.

A Conferencia Española de Consellos Reguladores Vitivinícolas (CECRV) é a asociación sen ánimo de lucro que representa ás denominacións de orixe de viño ante a Administración Xeral do Estado e ante as institucións da Unión Europea, recoñecida polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación como interlocutor da Administración en materia de figuras de calidade.

ÚLTIMAS

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...