HomeEconomíaAprobada a concesión de subvencións a Asociacións de Monforte

Aprobada a concesión de subvencións a Asociacións de Monforte

As subvencións corresponden a actividades desenvoltas no 2019. O concello de Monforte destina 12.000 euros a esta finalidade. As asociacións teñen de prazo ata o día 13 de decembro para xustificar a subvención concedida.

Publicado o

- Advertisement -

Con esta liña de axudas o concello de Monforte pretende apoiar e incrementar as actuacións culturais da cidade, a través do fomento de charlas, coloquios, conferencias, publicacións, concertos, eventos, etc., que sexan de interese xeral para os cidadáns ou sobre algún colectivo que mereza especial atención.

Para poder optar a este tipo de subvencións, as asociacións debían cumprir unha serie de requisitos, ademais de figurar legalmente constituídas no rexistro de asociacións do Concello e desenvolver actividades de interese xeral para o municipio:

  • Carecer de ánimo de lucro.
  • Estar debidamente inscrita no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Monforte de Lemos no momento de presentar a solicitude.
  • Non ser debedora co Concello por calquera tipo de débeda de dereito público (será comprobado de oficio pola administración).
  • Non ser debedora coa Facenda estatal ou autonómica e estar ao corrente das obrigas coa Seguridade Social.
  • Non estar incursa en prohibición para obter a condición de beneficiaria de subvención públicas.
  • Ter xustificado debidamente as subvencións municipais recibidas con anterioridade nos termos que se fixasen nas correspondentes convocatorias.
  • Estas subvencións exclúen a Asociacións e Entidades Deportivas, así como aquelas que realicen actividades de carácter social, pois contan con liñas de axuda específicas.

Entidades beneficiarias

                                                ASOCIACIÓN SUBVENCIÓN A CONCEDER
1 A. C. OS XOGRARES DE LEMOS 622,63 €
2 SOCIEDAD LA FRATERNAL 905,64 €
3 A. C. AMIGOS DA PANDEIRETA 849,04 €
4 SOCIEDAD CIRCULO VICTORIA 905,64 €
5 A. CULTURAL Y DEPORTIVA SAN MARTÍN DE PIÑEIRA 679,23 €
6 A. VV. STA. BARBARA DE DISTRIZ 275,37 €
7 A. VV. DE RIBASALTAS 679,23 €
8 ASOCIACION PLATAFORMA DEFENSA SANIDADE PUBLICA 392,26 €
9 ASOCIACION VECIÑOS BARRIO DE COBAS 77,28 €
10 ASOCIACIÓN CULTURAL LEMAVOS 566,03 €
11 ANPA COLEXIO PP. ESCOLAPIOS DE MONFORTE 679,23 €
12 CASINO ATENEO DE MONFORTE DE LEMOS 105,39 €
13 A. VV. DE PIÑEIRA 515,08 €
14 ASOCIACION CULTURAL TEATREIRAS 67,67 €
15 ASOC DE PALILLEIRAS DA RIBEIRA SACRA 427,92 €
16 SOCIEDADE GASTRONOMICA E CULTURAL O TIZON 509,42 €
17 ASOCIACION CULTURAL, DEPORTIVA E VECIÑAL DAS FONTES 494,99 €
18 ASOCIACION CULTURAL,EDUCATIVA E SOCIAL AULABERTA 373,67 €
19 A. VV. A XUNTANZA DE STA MARIÑA DO MONTE 610,18 €
20 ASOCIACION CAMIÑOS A SANTIAGO POLA RIBEIRA SACRA 792,44 €
21 A. VV. DO BARRIO DA FLORIDA “EDUARDO PONDAL” 735,83 €
22 ANPA COLEXIO A GÁNDARA 735,83 €
                                                TOTAL SUBVENCIÓNS CONCEDIDAS 12.000,00

 

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...