HomeEconomíaUn portal web máis atractivo e accesible para Monforte

Un portal web máis atractivo e accesible para Monforte

Esta mañá tivo lugar a presentación oficial da nova web do concello, unha ferramenta que facilitará o acceso aos cidadáns e que ofrecerá información turística aos visitantes.

Publicado o

- Advertisement -

O Alcalde, José Tomé, e a Tenente Alcalde, Gloria Prada, acompañados de representantes das empresas Némesis Audiovisual e Prowebpc, presentaron a nova páxina web do Concello de Monforte que pretende mellorar o acceso aos servizos municipais para os monfortinos e a accesibilidade dende calquera dispositivo móbil.

Nunha “dobre presentación”, ademais da renovada web institucional do concello, deuse a coñecer  unha web de turismo á que se accede dende a primeira e que será de gran utilidade para a difusión e promoción do patrimonio histórico cultural e da oferta turística que ten Monforte como capital da Ribeira Sacra. Representa unha novidade importante pois antes non existía información específica e separada sobre promoción turística.

O obxectivo deste portal é que a xente que queira visitar a zona teña nunha única web todo o que pode precisar durante a súa estancia aquí. Segundo palabras de José Tomé: “consideramos que para impulsar o turismo cómpre ter novas ferramentas que nos axuden a posicionarnos mellor na internet. En definitiva, o Concello de Monforte aposta pola modernidade”.

AnaBelén, de Némesis Audiovisual comentando detalles da web / XdL

Ana Belén, de Némesis Audiovisual, comentou que a nova web incorpora un buscador e vai cos tempos: inclúe deseño web adaptativo ou responsivo que a fai accesible dende calquera dispositivo móbil, a disposición da información é moi completa e intuitiva ademais de incorporar moitas imaxes do concello, de lugares emblemáticos e do seu patrimonio. E sobre todo na web específica de turismo o que se pretende é “que Monforte entre polos ollos”.  

Xa no remate da presentación,  dende XdL preguntamos cales foron as razóns para contratar o traballo a empresas monfortinas. O alcalde respondeu que despois de valorar razóns de solvencia técnica, de prezo e de arraigo local cumpríndose as tres a escolla tiña que ser unha empresa de aquí e que sempre que poden intentan varrer para a casa nese sentido.

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...