HomeEconomíaAxudas da Xunta para contratar persoal nas oficinas de turismo

Axudas da Xunta para contratar persoal nas oficinas de turismo

Poderán beneficiarse todos os concellos, municipios turísticos, xeodestinos ou agrupacións municipais que o solicitaron. Nas comarcas da Zona Sur, os municipios potencialmente beneficiarios son os de Sober, Quiroga, Chantada, Pantón e Folgoso do Courel.

Publicado o

- Advertisement -

Tendo en conta que a liña de subvencións convocada en febreiro pola Xunta de Galicia tivo que ser paralizada con motivo da crise sanitaria da COVID-19, retómase agora a través dunha nova fórmula administrativa para cooperar cos concellos que solicitaron esta axuda e reforzar o persoal das súas oficinas de turismo.

En total poderán beneficiarse os 53 concellos, municipios turísticos, xeodestinos ou agrupacións de concellos que o solicitaron. Cada solicitante recibirá 5.500€, o que supón un investimento total de 291.500 euros que se repartirá por toda a Comunidade, xa que 12 concellos ou entidades municipais pertencen á provincia da Coruña, 14 á de Lugo, 13 á de Ourense e 14 á de Pontevedra.

Con esta medida búscase, en liña co previsto no Plan de Reactivación do sector turístico, fomentar o emprego, así como a colaboración cos concellos a través da contratación de persoal cualificado e profesionalizado que contribúa a blindar a calidade na atención turística no territorio galego.

ÚLTIMAS

Está a arder Roxe de Sebes?

Em Soldom contarom-nos que naquela altura houvo quem pensou que César que podia ser...

Deteñen en Bóveda unha persoa requirida por un xulgado de Huesca

A Garda Civil detivo a unha persoa na localidade lucense de Bóveda tras non...

A Pobra do Brollón celebrará As Cores do Outono o 27 de setembro

O Concello da Pobra do Brollón vén de presentar o cartel da XI edición...

O lume non dá tregua no Concello de Quiroga

O incendio que saltou de Larouco a Quiroga o pasado 15 de agosto está...