HomeEconomíaA D.O. Ribeira Sacra e outras Denominacións de Orixe definen estratexias para...

A D.O. Ribeira Sacra e outras Denominacións de Orixe definen estratexias para 2021

A Asociación de Consellos Reguladores Vitivinícolas Galegos e das Indicacións Xeográficas Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia reuníronse para definir a programación de accións formativas e promocionais.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Consello Regulador da D.O. Monterrei fixo de anfitrión para acoller, días atrás, en Verín, unha sesión ordinaria da Xunta Directiva da Asociación de Consellos Reguladores Vitininícolas Galegos e das IXP Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia. O obxectivo principal do encontro foi abordar as accións do colectivo encamiñadas a promover as diferentes D.O. e tamén aquelas destinadas á formación que se desevolverán neste 2021.

Entre os presidentes dos CC.RR. vitivinícolas galegos estivo José Manuel Rodríguez, máximo responsable da D.O. Ribeira Sacra.

Ademais das accións devanditas, abordáronse cuestións relativas ao funcionamento interno da asociación, creada no 2019, para o desenvolvemento do proxecto coñecido como “Plan de Promoción Internacional dos Viños e Augardentes Galegos amparados por denominación de orixe” subscrito co IGAPE.

ÚLTIMAS

O Quixós, 1º por equipos nunha Copa de Promoción de Slalom disputada en Tomiño

O Club de Piragüismo Quixós segue colleitando éxitos. Nesta ocasión fíxoo da man das...

A 4ª etapa de La Vuelta Femenina sairá o 6 de maio de Monforte

A presentación oficial do percorrido de La Vuelta Femenina by Carrefour.es terá lugar este...

Concentración en Monforte o 10 de marzo con motivo do Día da Clase Obreira Galega

A CIG convoca para o 10 de marzo ás 20:00 horas unha concentración na...