HomeEconomíaAxudas para fomentar a elaboración e a comercialización de produtos vitivinícolas

Axudas para fomentar a elaboración e a comercialización de produtos vitivinícolas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o pasado 30 de decembro a orde da Consellería do Medio Rural pola que se convocan unhas achegas dotadas con 2.712.000 euros para os anos 2022 e 2023.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Da liña de axudas que se establecen na orde aprobada pola Consellería de Medio Rural poderán beneficiarse empresas vitivinícolas, organizacións de produtores vitivinícolas, asociacións de dous ou máis produtores con personalidade xurídica e organizacións interprofesionais.

QUE SE SUBVENCIONA?

Serán subvencionables os custos de construción, adquisición ou mellora de bens inmobles, a compra de nova maquinaria e equipamentos ata o valor de mercado do produto, os custos xerais vinculados aos gastos anteriores tales como honorarios e estudos de viabilidade co límite do 8% do orzamento aprobado para a operación de investimento, así como a adquisición ou o desenvolvemento de soportes lóxicos de ordenador e de patentes, licenzas, dereitos de autor ou o rexistro de marcas colectivas.

OBXECTIVOS DA CONVOCATORIA

Os principais obxectivos desta convocatoria son, entre outros, os de fomentar a agrupación dos primeiros elos da cadea alimentaria mediante a integración das entidades asociativas e o asociacionismo agrario e impulsar os procesos sustentables desde o punto de vista ambiental a través do aforro de enerxía, da eficiencia enerxética global, da utilización de enerxías renovables e da valorización e tratamento dos residuos.

Preténdese, así mesmo, fomentar a certificación ambiental das instalacións das empresas vitivinícolas, a produción ecolóxica e os produtos acollidos a réximes de calidade e os pagamentos de uva por calidade. Outras finalidades pasan por favorecer a innovación e a implantación de novos produtos e novas presentacións, polo incremento da dimensión empresarial, pola participación dos viticultores e elaboradores na cadea de valor ou por impulsar os investimentos en comercialización e promover a introdución das tecnoloxías dixitais nas empresas.

O prazo de presentación de solicitudes para esta convocatoria rematará o 31 de xaneiro.

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...