HomeEconomíaAcordo da Mancomunidade do Camiño Francés con Correos Market

Acordo da Mancomunidade do Camiño Francés con Correos Market

A Mancomunidade de Municipios do Camiño Francés en Galicia asinou días atrás un acordo con Correos Market para promocionar e distribuír os produtos locais do roteiro a través da súa páxina web.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este acordo permite dar visibilidade aos produtores e pequenos comercios presentes nos 11 municipios que forman parte da Mancomunidade. Os seus comerciantes e produtores  poderán promover e difundir os seus produtos, ademais de vender en liña e distribuír con Correos a calquera punto do territorio nacional de maneira sinxela e segura. Foi asinado hai uns días polo presidente da Mancomunidade e rexedor de Sarria, Claudio Garrido e o director de Correos Market, Iván Maroto.

O devandito convenio súmase a outras iniciativas levadas a cabo por Correos para promocionar o Camiño Francés como os vídeos con consellos dos carteiros sobre que se pode ver nas diferentes localidades, a difusión gratuíta dun plano do Roteiro, información completa do Camiño a través da páxina web www.elcaminoconcorreos.com ou con servizos específicos para o peregrino como o transporte de mochilas, o envío de bicicletas ou maletas ou a promoción dos aloxamentos presentes no Camiño.

A través desta iniciativa, Correos ofrece a súa infraestrutura aos pequenos produtores locais, poñendo á súa disposición a rede loxística e as 2.370 oficinas da compañía distribuídas por todo o país.

ÚLTIMAS

Prazo de inscrición aberto ata o 10 de xuño para participar na XXV edición de Artelemos

Como o ano pasado a cita coa mostra de artesanía durará 6 días, nesta...

25.000€ da Deputación para promoción turística da Ribeira Sacra

O mandatario provincial, José Tomé, puxo en valor o labor do Consorcio de Turismo...

Festa da ‘Asociación de Empresarios e Comerciantes do Xeoparque’ en Quiroga

Este sábado día 24 de maio a Asociación de Empresarios e comerciantes do Xeoparque...

O CEIP da Gándara de Monforte estrea parque infantil

Este martes pola mañá o alumnado do CEIP A Gándara comezou a utlizar a...