HomeEconomía5.000.000€ para unha nova depuradora no Polígono Industrial do Reboredo

5.000.000€ para unha nova depuradora no Polígono Industrial do Reboredo

O concello de Monforte asinará convenio coa Confederación Hidrográfica do Miño-Sil para a construción da nova depuradora do Polígono Industrial do Reboredo. A Confederación Hidrográfica Miño-Sil aportará un 85% do investimento.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alcalde, José Tomé, sinalou que será un antes e un despois para o futuro crecemento desta zona industrial de Monforte, “trátase dun investimento que permitirá que o Polígono medre industrialmente e, como consecuencia, que haxa tamén un crecemento da actividade económica e de creación de postos de traballo, por tratarse dun servizo básico para que o Polígono funcione con normalidade”. A Confederación Hidrográfica Miño-Sil aportará un 85% da inversión, case 4 millóns de euros (concretamente un total de 3.910.000,00 €), distribuída en 3 anualidades (2023: 490.485,15 €; 2024: 1.793.500,00 €; 2025: 1.626.014,85 €)

Pola súa banda, o Concello aporta o 15%, preto de 230.000 €/ano de media, máis a parcela onde se ubicará a nova depuradora, sendo un total de 690.000,00 € de investimento. A parcela na que se situará esta infraestrutura conta cunha extensión de 5.000 m2, tivo un custe de adquisición de 117.975,00 € (a 19,50 €/ m2 + IVE), e foi comprada a Suelo Empresarial del Atlántico coa previsión de cedela para construír a nova depuradora. A aportación municipal ascende así a un total 807.975,00 €.

Nova depuradora

“A nova depuradora”, explicou o Alcalde “terá capacidade para depurar o actual polígono completo e tamén ás ampliacións que temos en marcha, incluso se duplicáramos o polígono que hai neste momento”. Vai poder funcionar por módulos para que a calidade da depuración sexa a correcta, establecida nos parámetros que marca a lei e vai ter posibilidade de ampliación, xa que estará dispoñible a parcela que ocupa a actual depuradora que son colindantes.

“Con esta obra tamén se vai mellorar moito o medio ambiente, xa que as augas depuradas vanse entubar dende a saída da depuradora do polígono, ata a depuradora de Piñeira, sen ningún vertido, o que significa que o regato do Carballo volverá a ter vida, recuperando o seu estado orixinal”, salientou José Tomé.

Unha vez rematadas as obras, serán recibidas polo Concello que se encargará do seu mantemento no futuro, “con inversións deste tipo, o Polígono de O Reboredo, ten por diante un futuro esperanzador, que xa é unha realidade despois de moitos anos de parálise, agora está en plena fase de crecemento e expansión”, sinalou Tomé.

José Tomé tamén avanzou que “no primeiro semestre espero poder asinar outras inversións en saneamento de moito máis calado, se as conversas e os estudios que está facendo o Ministerio de Transición Ecolóxica finalizan como todos esperamos”.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...