HomeEconomíaA planta do Grupo Indukern no P.I. de Monforte declarada "iniciativa empresarial...

A planta do Grupo Indukern no P.I. de Monforte declarada “iniciativa empresarial prioritaria”

O Consello da Xunta aprobou este xoves declarar "iniciativa empresarial prioritaria" a planta de fabricación de medicamentos e inyectables que promove o Grupo Indukern en Monforte de Lemos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Tras a reunión semanal do Goberno galego, o presidente, Alfonso Rueda, celebrou esta decisión como un paso máis para “consolidar a Galicia como referente en biotecnoloxía”.

Esta declaración como iniciativa prioritaria, o número 18 xa, por mor da nova lei galega de simplificación administrativa, permite reducir á metade os prazos de tramitación para proxectos empresariais con “todas as garantías” xurídicas.

Rueda destacou deste proxecto de Indukern que suporá un investimento total de 59,4 millóns de euros, 33 millóns deles nunha fase inicial que tamén permitirá crear 62 postos de traballo. Ademais de fabricar medicamentos de uso humano, a planta albergará un laboratorio de I+D+i para deseñar novos fármacos.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...