HomeEconomíaPremios ao desenvolvemento do sector do aceite en Galicia

Premios ao desenvolvemento do sector do aceite en Galicia

A Asociación de Produtores de Aceite e Aceituna de Galicia (APAAG) entregará o vindeiro día 10 de novembro en Quiroga os primeiros premios que recoñecen o labor de persoas e institucións que destacaron pola colaboración e apoio ao sector.

Publicado o

- Advertisement -

O cultivo de oliveiras pasa por un bo momento e o sector empeza a crer no potencial que ten Galicia neste sentido. Co obxectivo de darlle pulo á tradición olivareira existente en Galicia e buscando agrupar nunha mesma entidade a todas/os os produtores de aceite e oliva do territorio galego naceu no 2014 a APAAG. Esta entidade conta actualmente con máis de 100 socios/as, máis de 130 hectáreas plantadas e unhas 140.000 oliveiras en produción. O sector crece, empeza a ser unha alternativa viable para valorizar o rural galego e xa se traballa tamén por acadar unha futura DO ou IXP que recoñeza a calidade do aceite galego.

Oliveiras nos Anguieiros e de fondo Montefurado / XdL

Ademais de dar cobertura ás necesidades dos socios/as con asesoramento, formacións, apoio, investigación, etc, a asociación pensou este ano en conceder uns premios como recoñecemento do labor de persoas e institucións que apoian a APAAG e o desenvolvemento do sector do aceite en Galicia nos últimos anos.

Así, pois, o vindeiro día 10 de novembro celebrarase o acto de entrega de premios na almazara Ouro de Quiroga a partir das 10:30 h. (lugar de A Provide s/n no polígono industrial do Concello de Quiroga). O recoñecemento faise coincidir co inicio da campaña de recollida que empezará, segundo indican as previsións, a mediados de mes.

Recolección de olivas / Foto: Pedro Ivedo

Estes premios son os primeiros que entrega a Asociación de Produtores e reunirá a un amplo número de persoas, dende asociados/as a convidados/as; entre estes últimos estarán o Conselleiro de Medio Rural José González Vázquez e representantes institucionais de zonas de tradición olivareira do sur de Lugo, da Montaña de Ourense ou o Ribeiro, así como tamén outros grupos que colaboran coa APAAG.

Os premiados desta primeira edición son: Fundación Juana de Vega, CSIC (Centro Superior de Investigacións Científicas) , Consellería do Medio Rural e Charo Andrade (Socia de APAAG).

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...