HomeEconomíaIII Feira de Artesanía e Produtos Locais en Quiroga

III Feira de Artesanía e Produtos Locais en Quiroga

Coincidindo coa segunda e última Feira de Mercado do mes de agosto, o concello colabora na organización desta actividade que completará a oferta de postos con produtos de alimentacion e artesanía.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Quiroga acollerá este domingo, día 27 de agosto, unha Feira de Artesanía e Produtos Locais coincidindo coa Feira de Mercado do día 27. Tras dúas edicións anteriores, a mostra intenta consolidarse xa no calendario de eventos para dinamizar a economía local.

A Asociación de Artesáns galegos “Tarabelada”, da que forman parte varios emprendedores locais, é a que se encarga da organización deste mercado en colaboración co Concello de Quiroga.

Tras o éxito dos dous anos anteriores, dende o concello decidiuse continuar colaborando na organización de novos mercados como este nos que se poderán atopar todo tipo de produtos alimenticios e artesáns da nosa comarca, moitos deles amparados baixo o selo Artesanía de Galicia.

ÚLTIMAS

Empresarias reivindican a súa voz e acción para mellorar a situación socioeconómica da Ribeira Sacra

O encontro de Talento Feminino no Rural que tivo lugar no Castelo de Castro...

Un morto tras chocar un camión e unha furgoneta en Sarria

O condutor dunha furgoneta faleceu nunha colisión frontal contra un camión na estrada LU-633,...

Comeza a organización da XLIV Feira do Viño de Quiroga

Nesta primeira xuntanza púxose en marcha a maquinaria que moverá esta cita de exaltación...