HomeEconomíaAmplíase o prazo para pedir axudas e recuperar soutos de castiñeiros

Amplíase o prazo para pedir axudas e recuperar soutos de castiñeiros

As achegas están dotadas cun orzamento de 500.000 euros, que irán destinados a restaurar os danos causados polos incendios rexistrados no mes de xullo de 2022.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o pasado 21 de agosto unha Orde da Consellería do Medio Rural pola que se modifica o prazo de presentación de solicitude de axudas para a recuperación de soutos de castiñeiros afectados polos incendios forestais que se produciron en Galicia o ano pasado. O importe total destinado a tal fin é de 500.000 euros.

A solicitude desta subvención e os trámites administrativos posteriores poden realizarse por medio dunha entidade colaboradora; que á súa vez, tamén realizará os traballos de campo e as obras necesarias para a execución das accións subvencionables das que é beneficiaria a persoa interesada. O prazo para presentar a solicitude de axuda amplíase ata o 15 de setembro de 2023.

ENTIDADES COLABORADORAS, INTERMEDIARIAS DOS TITULARES DOS SOUTOS

É a primeira vez que a Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal integra na xestión da orde de axudas ás entidades colaboradoras, que son aquelas que, actuando en nome e por conta do órgano concesor para todos os efectos relacionados coa subvención, colaboran na execución e xestión das achegas sen que se produza a previa entrega e distribución de fondos recibidos. Con esta medida preténdese reducir e facilitar a carga administrativa das persoas titulares dos soutos danados polos incendios de 2022.

PRAZOS E LIÑAS DE FINANCIAMENTO

O prazo de presentación de solicitudes amplíase tendo en consideración esta primeira experiencia na xestión e co obxecto de facilitar a súa tramitación, e que sexa o máis ampla e eficaz posible por parte das entidades colaboradoras.

Contémplanse tres liñas de financiamento. En primeiro lugar achegas para corta, recollida e estelado ou retirada de pés de árbores danados polo lume, roza do souto e plantación de novos pés de castiñeiros en substitución dos exemplares danados.

En segundo termo, outra liña destínase á reparación dos danos causados polos incendios nas pistas forestais estremeiras ou interiores, así como nos cerramentos dos soutos.

E en terceiro lugar, establécense axudas para a reparación dos danos nos equipamentos inmobiliarios auxiliares da explotación do souto para castaña. Nestas dúas últimas liñas, a súa petición está condicionada a que se solicite a primeira opción das axudas.

BENEFICIARIOS/AS

Os beneficiarios e/ou beneficiarias destas subvencións serán as persoas titulares, arrendatarios/as ou quen teña un dereito de explotación e/ou xestión dos soutos, quedando excluídas as administracións ou entidades do sector público. Tamén poderán obter estas axudas aquelas persoas cuxas propostas para o aproveitamento de parcelas incorporadas a instrumentos da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia resulten seleccionadas, segundo o establecido nesta norma.

ÚLTIMAS

Entrégase unha vivenda de promoción pública en Chantada

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, fixo este mércores entrega das chaves á...

Medio Rural destina 4M€ a pasteiros

Durante o seu percorrido pola zona, no que estivo acompañada polo director xeral de...

O Xeoparque Montañas do Courel terá un espazo en FITUR 2025

A Rede Española de Xeoparques Mundiais (REXM), na que están integrados os dous Xeoparques...

Detidos dous homes como supostos autores de ‘ciberestafas’ denunciadas en Lugo e Monforte

Segundo informaron fontes policiais, unha das estafas foi denunciada en Lugo, e a vítima...