HomeEconomíaDous proxectos de Monforte e un da Estrada gañan o IX Concurso...

Dous proxectos de Monforte e un da Estrada gañan o IX Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

Chorima Cosmética Atlántica da Estrada e dous proxectos de Monforte, LamasDulce, galletas personalizadas e Bikarte, servizo de alugueiro de bicicletas con servizo de visitas guiadas a través dunha App, gañan o IX Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O xurado da IX Edición do Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra, tras avaliar a presentación dos proxectos durante o día de hoxe, decidiu outorgar os seguintes premios:

1º Premio de 10.000€ para Chorima Cosmética Atlántica (A Estrada). Un proxecto para obter extractos vexetais para uso no sector da cosmética, mediante a Extracción Asistida por Ultrasonido (EAU). Unha técnica innovadora para a valorización de residuos da industria agroalimentaria (bagazo, podas, productos frescos rexeitados…). Inclúe a produción dunha liña cosmética baseada nestes extractos en combinación cas últimas tendencias en cosmética. Co apoio da área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC ultiman a solicitude de IEBT (Iniciativa de emprendemento de base tecnolóxica) para o proxecto.

2º Premio de 6.000€ para LamasDulce (Monforte de Lemos). Un proxecto de galletas decoradas personalizadas, que nace como promesa á filla da promotora. Co obrador de Monforte de Lemos pretenden outorgarlle un toque personalizado e exquisito a calquera celebración, entregando as galletas en man ou a través de envío por mensaxería. Priorizan o packaging dos seus produtos e a sustentabilidade.


3º Premio de 4.000€ para Bikarte (Monforte de Lemos).
Empresa de alugueiro de bicicletas con servizo de visitas guiadas a través dunha App que permite coñecer roteiros diferentes con contido cultural, patrimonial, artístico e natural. Con Bikarte pretenden posicionarse no mercado de Turismo Activo a nivel nacional e internacional e ser un referente de empresa sostible e responsable co medio ambiente na Ribeira Sacra respondendo á necesidade de mobilidade alternativa ao transporte motorizado tradicional.

Desde a Asociación Semente de Monforte e todas as empresas e institucións colaboradoras nesta IX edición do Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra felicitan aos gañadores, e a todos os proxectos participantes, pola altísima calidade das iniciativas presentadas e o talento e a ilusión como emprendedores.

A entrega de premios e de diplomas a todos os proxectos finalistas fíxose despois da cea de confraternidade celebrada no Parador de Monforte, na que participaron o que fora Conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, que desde o comezo apoiou este concurso empresarial; a Directora Xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, Vicepresidencia da Deputación, alcaldes dos concellos que colaboran coa iniciativa e representantes das empresas e universidades que tamén a avalan.

Convidouse asemade coa asistencia dos 10 proxectos finalistas no concurso e dos gañadores da pasada edición, Lácteos Ribeira Sacra. Presentando o acto a presidenta de Semente de Monforte, Pilar López. Desde o seu inicio o concurso ten contribuído a impulsar máis dunha vintena de proxectos innovadores que dinamizan o medio rural e que, a partir do concurso, se converteron en realidade.

ÚLTIMAS

13.600€ na rehabilitación da Fonte de Piñeiro en Bóveda

O Goberno local solicitou unha axuda para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinada...

Unha vintena de titulacións universitarias de Galicia serán distinguidas este ao co selo de excelencia

A Xunta informou de que este ano unha vintena de titulacións universitarias de Galicia...

Éxito do Mercado de Nadal de Pantón que abrirá os mercados da comarca na primeira fin de semana de decembro

O Concello de Pantón abría o Mercado a profesionais na decoración de Nadal, nas...

1,5M€ para a segunda convocatoria das axudas destinadas á conservación paisaxística na Ribeira Sacra

As achegas están destinadas a poñer en valor o labor que desenvolven as persoas...