HomeEconomíaPrimeiros "beneficios tanxibles" para as empresas asociadas á Agrupación Empresarial da Ribeira...

Primeiros “beneficios tanxibles” para as empresas asociadas á Agrupación Empresarial da Ribeira Sacra

A Agrupación Empresarial da Ribeira Sacra acaba de pechar dous acordos de colaboración, que son de interese para as empresas asociadas. Estes acordos materialízanse en dous convenios que a AIE Ribeira Sacra Next, asinou este martes, 19 de marzo, con Gasóleos Monforte S.L. e A Túa Xanela S.L.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Presidente da Agrupación Empresarial, Manuel Dacosta, agradeceu a colaboración das empresas coas que se levan a cabo estes primeiros convenios e destacou que se trata do “Primeiro caso tanxible de beneficio para asociados/as a esta Agrupación Empresarial”.

Antonio Vázquez, Administrador de Gasóleos Monforte, asegura que, “Estas colaboracións son unha maneira máis rápida de abrirse á xente, e logo é moi interesante que todos/as vaiamos nun mesmo sentido, que ao final é tirar pola zona da Ribeira Sacra e polo empresariado de aquí.”

Gasóleos de Monforte comprométese a ofrecer ás empresas asociadas á Agrupación Empresarial da Ribeira Sacra un desconto de 6cts / litro combustible.  Gasóleos Monforte S.L. outorgará, á/ó socia/o que o solicite, unha tarxeta de identificación como beneficiaria/o do desconto, documento que deberá presentar obrigatoriamente no momento do consumo de combustible.

O Director Xeral de A Túa Xanela, Iñaki Castiñeira, destacaba a colaboración coa Agrupación para poder coñecer as necesidades do rural, “Interésanos moito porque é unha Agrupación que está asentada no rural e queremos que sexades portavoces das necesidades que hai, para así poder dar condicións de igualdade de acceso no rural”.

A Túa Xanela ofrece ás empresas socias:

  • Fibra de 600 Mbmp simétricos + liña de teléfono fixa a 24€/mes (IVE incluido)
  • Fibra de 600 Mbmp simétricos + liña de teléfono fixa + liña móbil a 34€/mes (IVE incluido)
  • Engadir máis liñas móbiles tería un custe de 5€ adicionais

A porcentaxe de aforro, segundo os casos, pode chegar ao 40%. As empresas asociadas xustificarán a súa pertenza á Agrupación a través dun certificado que terán que solicitar á entidade. Os dous contratos, que se asinaron este martes, teñen un ano de vixencia.

ÚLTIMAS

Este venres, 16 de outubro, comeza unha nova tempada do “cineclube Ateneo” de Monforte

Este proxecto de cineclub, organizado polo equipo do Ateneo Casino, baixo a coodinación do...

Diego Vallina sobre o  pan de Siós: “cando chego ao Gadis case mo quitan das mans”

Cada día quedan menos panaderías como as de antes, que cozan en fornos de...

Do 26 ao 30 de outubro Quiroga organiza un curso de introdución á lingua e cultura galegas

O Concello de Quiroga contará cun curso de iniciación ao galego especialmente indicado para...

A Deputación inviste na provincia 3,2 M€ en axudas directas ao deporte de base

O servizo de Deportes tramitou as 55 axudas nominativas consignadas nos orzamentos de 2025:...