HomeEconomíaAta o 7 de xuño pódense solicitar as axudas para libros e...

Ata o 7 de xuño pódense solicitar as axudas para libros e material escolar do Concello de Monforte

Para o financiamento destas subvencións, dende o Concello destínase un crédito máximo de 25.000 euros despois de que o Alcalde no ano 2022 decidira incrementar  5.000 euros máis para este concepto, co obxectivo de apoiar ás familias con menor renda per cápita do municipio de Monforte que presentan dificultades económicas para afrontar o gasto que supón o obxecto desta axuda,  destaca o Alcalde.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Trala publicación no Boletín Oficial da Provincia de Lugo das bases e a convocatoria das axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar complementario para o curso escolar 2024/2025, todos os interesados en solicitalas, están en disposición de poder facelo.

O prazo está aberto ata o venres 7 de xuño. A solicitude formalizarase a través do correspondente formulario normalizado, que terá que ir acompañado da documentación complementaria que requiren as bases. Toda a documentación requirida poderá ser presentada no Rexistro dos Servizos Sociais Comunitarios Básicos emprazado na secretaría do Centro Cívico Social, no Paseo do Malecón s/n, no Rexistro Xeral do Concello, no Campo de San Antonio s/n, ou a través da Sede Electrónica municipal (www.sede.monfortedelemos.es).

Esta convocatoria ten por obxecto regular a concesión de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar complementario destinadas ao alumnado empadroado no Concello de Monforte e escolarizado para o curso 2024/2025 en educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial nalgún dos centros docentes públicos ou concertados existentes no municipio.

Para ser beneficiario/a desta axuda é preciso cumprir os seguintes requisitos na data de finalización do prazo de presentación das solicitudes:

  • Ser pai, nai, titor/a ou persoa encargada da garda e custodia do alumno/a que no ano escolar da convocatoria correspondente vaian a cursar estudos nas etapas educativas de ensinanza indicadas nesta convocatoria, en calquera centro docente, público ou concertado, do Concello de Monforte de Lemos.
  • Que a renda per cápita da unidade familiar non supere o 60% IPREM mensual para o ano 2024 (360€/mes) en cómputo anual 12 pagas (4.320 € ano por persoa). Para determinar a renda per cápita tomarase a renda da unidade familiar e dividirase polo número de membros da dita unidade  como a continuación se especifica:
Nº membros unidade familiarIngresos netos mensuaisIngresos anuais
2720  8.640
31.08012.960
41.44017.280
51.80021.600
  • Que a persoa solicitante así como os e as menores beneficiarios da mesma, se atopen empadroados e residan efectivamente no Concello de Monforte de Lemos no momento de presentación da solicitude.
  • Que a persoa solicitante estea  ó día no pago das obrigas tributarias municipais ou no caso de ter débedas que exista compromiso de pagamento.
  • Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño de subvencións de Galicia e no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

A contía máxima das axudas é a seguinte:

  • 150 € para Educación Infantil por cada alumno/a.
  • 100 € para Educación Primaria e por cada alumno/a.
  • 120€ para Educación Secundaria Obrigatoria por alumno/a.
  • 150€ para alumnado matriculado nun centro de educación especial ou en unidades de educación especial de centros ordinarios ou cunha discapacidade superior ou igual ó 65% .

Na páxina web do Concello, na sección de Axudas, está toda a documentación dispoñible para formalizar a solicitude desta subvención municipal

ÚLTIMAS

Entrega dos premios do ‘Mondial de Vins Extremes’ e xantar de Nadal da D.O. Ribeira Sacra

A D.O. Ribeira Sacra vén de celebrar a súa tradicional comida de Nadal, un...

‘Feira de Nadal’ para dinamizar o comercio local e a artesanía en Quiroga

O Equipo de Goberno do Concello de Quiroga organiza unha Feira de Nadal coa...

Queres ser paxe na Cabalgata dos Reis Magos de Chantada?

As prazas para participar son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Os pais...

O PP de Monforte celebra o investimento anunciado para a rede de abastecemento e espera que “non quede en papel mollado”

Os populares aseguran que “temos claro que o alcalde se moveu grazas á nosa...