HomeEconomíaO Concello de Monforte destina 8.000€ para axudas a asociacións monfortinas que...

O Concello de Monforte destina 8.000€ para axudas a asociacións monfortinas que promoven servizos sociais

En concreto, outorgóuselle un importe de 2.000 € ás asociacións monfortinas AGORA, AFAMON, AUXILIA e ALBORES, cantidade que lle foi concedida en base ó seu proxecto e segundo as bases establecidas para estas subvencións que ano a ano convoca o Alcalde, sensible coas necesidades das mesmas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Equipo de Goberno aprobou, na Xunta de Goberno celebrada o pasado 15 de xullo, a concesión de 8.000€ en axudas a entidades e asociacións sen ánimo de lucro, inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións, que desenvolven actuacións no ámbito dos servizos sociais e da inclusión social no Concello de Monforte, durante o exercicio 2024.

 “Con estas axudas” sinala o rexedor monfortino, “dende o Goberno municipal facilitamos facilitar a estas entidades recursos para a inclusión social, para garantir a autonomía persoal e para brindar oportunidades sociais e educativas, así coma axudar a previr a aparición de dependencia, desigualdade ou desprotección a aquelas persoas máis vulnerables”.

Esta liña de axudas posta en marcha ano a ano polo Executivo de José Tomé busca fomentar e apoiar o desenvolvemento de proxectos complementarios de servizos sociais comunitarios de entidades de iniciativa social, previamente inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións, atendendo ó seu interese social, calidade, carácter innovador e articulación efectiva coa oferta pública de servizos sociais comunitarios.

ÚLTIMAS

Extinguido o incendio forestal de Cangas, en Pantón

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal do concello de...

Chantada presume de espazos verdes para revalidar título no certame Vilas en Flor

O 14 de novembro celébrase en Carballo a entrega destes recoñecementos e o Concello...

“Un fío para saír do labirinto” este 20 de outubro no Museo Pazo de Tor

O teatro, máis aló dos escenarios, é unha poderosa ferramenta para o benestar. Este...

Os socialistas de Sarria denuncian que “os veciños asumirán o plan económico de Garrido”

Segundo os socialistas, esta subida de impostos "é consecuencia directa do incumprimento da regra...