HomeEconomíaAdxudícanse as obras de construción do novo aparcadoiro do Polígono do Reboredo

Adxudícanse as obras de construción do novo aparcadoiro do Polígono do Reboredo

Na Xunta de Goberno celebrada este luns adxudicáronse as obras de construción do novo aparcadoiro do Polígono do Reboredo por 292.430,04 €  á empresa Hordescon SL. Aprobáronse tamén propostas de clasificación de licitadores e o requirimento de documentación das obras de pavimentación de todo o entorno do Mercado Gandeiro e da mellora do camiño municipal da Babela.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No caso do novo aparcadoiro do Polígono do Reboredo, o Concello destinou un orzamento de 305.250,57€, IVE engadido. Para a pavimentación de todo o entorno exterior do Mercado Gandeiro, o orzamento é de 177.787,13€, ive engadido. E a mellora do Camiño municipal da Babela, ten un orzamento de 75.467,12€.

A construción do novo aparcamento levarase a cabo na marxe esquerda da vía principal do Polígono, fronte as empresas Oviganic e Gallaecia Delicatessen, e contará cunha superficie total de 6.400 m², cun pavimento de aglomerado asfáltico en toda a calzada e de formigón semipulido na beirarrúa perimetral que o circunda.

A capacidade total do aparcamento será de 17 camións e 64 turismos. Ademais, e tal e como esixe a normativa vixente, contará con 2 prazas de aparcamento adaptadas e 4 prazas con cargadores eléctricos.

As prazas de aparcamento para turismos terán unhas dimensións de 5×2,50 metros, mentres que as de camións serán de 17×3,50 metros.

En canto á dotación de servizos, contará con:

  • Zonas verdes e árbores que darán sombra ás prazas de aparcamento.
  • Instalaranse 3 fontes de auga potable e 2 zonas para contedores de residuos sólidos urbanos.
  • Instalación de pluviais para recoller todo a auga da choiva da zona e sumidoiros.
  • Iluminación pública, con luminarias LED sobre columnas metálicas de 12 metros.
  • Instalación de electricidade para alimentar os cargadores eléctricos das catro prazas mencionadas.
  • Rede de telecomunicacións, para dar servizo ás 6 cámaras de videovixilancia que se instalarán nesta zona.
  • Rede de abastecemento para dar servizo ás 3 fontes sinaladas.

Está previsto, para o desenvolvemento dos traballos construtivos, un prazo de 2 meses, dende o momento en que se asine a acta de comprobación de reformulo.

A construción deste novo aparcamento, subliña o Alcalde “creo que é moi necesaria para mellorar os servizos que ofrece este polígono e co que queremos paliar un déficit existente no Polígono do Reboredo, xa que o aparcamento que existe na zona onde se construirá o novo é insuficiente e tampouco reúne as condicións mínimas dunha instalación deste tipo”.

Pavimentación do Mercado Gandeiro de Monforte e mellora do camiño municipal da Babela

Outra das actuacións de mellora adxudicadas é a da obra de pavimento de todo o entorno do Mercado Gandeiro da cidade. O Alcalde xustifica esta actuación destacando que “esta é unha zona que é moi utilizada, especialmente os días de feira, polo que é necesario renovar o seu firme, e pavimentar outras zonas que actualmente non o están, a fin de dar un mellor servizo ós usuarios e os veciños de Monforte”.

Neste senso, a actuación abarcará unha superficie total 12.725 metros cadrados, nunha lonxitude total de vías de 1.200 metros, e cun ancho medio de 10,60 metros. Colocarase unha nova capa de rodadura de aglomerado en quente de 5 cm. de espesor.

 “Este proxecto” subliña o Alcalde, “da continuidade o programa de actuacións que o Equipo de Goberno desenvolve no Mercado Gandeiro, pois no ano 2021, acometemos a mellora das cubertas das naves do polbo, cun investimento de máis de 70.000 €”.

A mellora do Camiño municipal da Babela comprenderá a renovación do seu pavimento sobre unha lonxitude de 1.120 metros, a base de aglomerado en quente tipo D-12 de 4 cm de espesor.

ÚLTIMAS

‘Feira de Nadal’ para dinamizar o comercio local e a artesanía en Quiroga

O Equipo de Goberno do Concello de Quiroga organiza unha Feira de Nadal coa...

Queres ser paxe na Cabalgata dos Reis Magos de Chantada?

As prazas para participar son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Os pais...

O PP de Monforte celebra o investimento anunciado para a rede de abastecemento e espera que “non quede en papel mollado”

Os populares aseguran que “temos claro que o alcalde se moveu grazas á nosa...

Primeira fin de semana do ‘Mercado de Nadal’ de Monforte

Este sábado 21 de decembro abrirá as súas portas o Mercado de Nadal do...