InicioEconomíaCase tres décadas adicadas á carne que seguen dando froitos

Case tres décadas adicadas á carne que seguen dando froitos

Carnicería Montes mellora e amplía as súas instalacións en Taboada. A expansión comercial da empresa contou cunha aportación de Medio Rural de 60.000 euros

Publicado o

- Advertisement -

Este sábado, 15 de decembro, inaugurábase en Taboada, unha nova industria cárnica. Trátase da expansión comercial da empresa Carnicería Montes SL, con ampla experiencia no sector. A empresa comezaba a funcionar fai 27 anos, cando Mónica Vázquez Varela e José Manuel Montes Blanco se facían cargo, en réxime de aluguer, da carnicería de Taboada, unha vez que os carniceiros de “toda a vida” se xubilaban. En case 3 décadadas, Carnicería Montes conta con 4 despachos, o recén inaugurado en Taboada e 3 en Lugo. Falamos coa súa propietaria, Mónica Vázquez Verela.

José Manuel e Mónica / Carnicería Montes

Un magnífico peche de ano?

Estamos contentísimos. Comezamos esta viaxe fai 27 anos, os mesmos que ten o noso fillo maior. Daquela non sabiamos nada do negocio e os carniceiros que se xubilaban ensináronnos o oficio. Esa primeira carnicería era alugada. Este ano informáronnos da posibilidade de ampliar e mellorar o negocio cunha subvención de Medio Rural e aquí estamos.

Fálanos destas novas instalacións

Son 160 metros cadrados, que inclúen despacho de carnicería, obrador para facer elaborados frescos, sala de prensados de cabezas, lacóns,… oficina e outras deprendencias. A subvención de Medio Rural foi de 61.000 euros, unha gran axuda, pero a inversión total supera os 300.000 euros porque mercamos o local para non seguir pagando o aluguer.

Carnicería Montes / XdL

Na rúa principal de Taboada en pleno centro, esta apertura é boa para todos.

Penso que si. Para nós desde logo, estamos moito máis visibles, e para Taboada penso que tamén. O sábado, na inauguración, esto parecía unha festa e creo que deso se trata, de crear movemento e dinamismo no concello. Un negocio que se abre ou que mellora sempre é unha boa noticia para todos. Neste caso é unha mellora, pero por exemplo viñamos traballando dúas persoas e coa ampliación imos a necesitar outra máis, créase traballo, créase valor.

Que ofrece carnicería Montes? Que tedes de especial?

Vendemos carne fresca, salados e embutidos. Traballamos a mellor materia prima e eso o cliente nótao. Como curiosidade podo dicirche que agora estamos triunfando cun produto propio, cabeza prensada. Comezamos case por casualidade, para dar saída a unhas cabezas que quedaran do entroido, decidín facelas prensadas como sempre fixo miña nai e a xente comezou a probalas e agora a xente pídeas.

Nestas novas instalacións podemos traballar mellor este novo produto e darlle toda a saída que ten. Porque o éxito é descomunal, agora temos que facer un estudio para ver a durabilidade do produto e etiquetar. É todo produto natural e artesanal, resta darlle oficialidade. Imaxínate se á xente lle gusta que ao comezo houbo dúas mulleres que me dixeron “É que cando as comemos acordámonos da miña nai”, encátame porque eu fago o que lle vín facer á miña nai.

Cabeza prensada / Carnicerías Montes

Taboada foi o inicio de Carnicería Montes fai 27 anos, nese tempo a empresa non parou de mellorar e ampliar.

As cousas ás veces parece que se presentan soas. Temos 3 despachos en Lugo e realmente fóronse abrindo para atender á demanda, na rúa Ourense, Curros Enríquez e en Garabolos. É certo que desde que abrimos fai 27 anos non paramos de traballar, pero ese traballo foi dando seus froitos. Temos unha ducia de traballadores e por exemplo, fai dous anos, cando cumprimos os 25 anos de traxectoria, premiounos a Federación Galega de Comercio xunto a outras empresas de Lugo. Foi un recoñecemento ao esforzo e o traballo das pequenas empresas que, coa súa actividade, dinamizan a economía da súa contorna.

Na inauguración desta fin de semana estivo presente o Delegado Territorial, José Manuel Balseiro, que sinalou a importancia de que “medre o tecido empresarial da provincia” e especialmente as industrias vinculadas ao sector agropecuario “que aproveitan a extraordinaria calidade dos produtos propios e xeran valor engadido e emprego no proceso de transformación”.  Pasado o estrés da inauguración como foi enfrontarse á realidade esta semana?

Estamos tendo xente seguido. O luns foi o primeiro día e foi un éxito absoluto, estamos moi agradecidos e moi contentos e os nosos clientes encantados, así que comezaremos o 2019 con con moita ilusión porque todo vaia ben.

Inauguración Carnicería Montes / Delegación Territorial

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...