HomeEconomíaImpulso á Ribeira Sacra como destino de turismo activo e deportivo

Impulso á Ribeira Sacra como destino de turismo activo e deportivo

A Xunta de Galicia colabora co Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra con achegas encamiñadas a consolidar o sector turístico, desde 2015 leva aportado máis de medio millón de euros.

Publicado o

- Advertisement -

O convenio aprobado este ano entre Xunta e Consorcio permitirá mobilizar 250.000 euros, dos que a Administración autonómica achega 200.000 (100.000 no 2018 e a mesma cantidade no 2019).

Con estes fondos o Consorcio editará material informativo impreso e en soporte audiovisual para redes sociais e para facer promoción en feiras de turismo activo e deportivo; deseñaranse rutas como a do Románico da Ribeira Sacra, o Viñobús turístico e organizaranse estadías temáticas. Tamén se contempla o deseño de catálogos de novos produtos vinculados aos recursos propios da zona.

Dentro doutras liñas de cooperación, a Xunta aprobou axudas para o Consorcio por preto de 64.000 euros dirixidas a financiar a adecuación de totems dixitais para albergar a plataforma web e audioguías da Ribeira Sacra ; a contratación de persoal para as oficinas de turismo , así como a colaboración cun proxecto de recuperación e revalorización dos esgrafiados.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, que participou na reunión do Consorcio, reafirmou o compromiso da Administración autonómica co impulso da actividade turística na Ribeira Sacra, “un dos destinos con máis potencial da comunidade. Un lugar cada cada vez máis visitado, máis atractivo e mellor preparado para recibir aos visitantes”.

Xuntanza Consorcio de Turismo / Delegación Territorial

ÚLTIMAS

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...

457.000€ para mellorar o servizo de recollida de lixo no Saviñao

Entre o novo material destaca un camión con sistema de carga traseira, destinado á ...

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...