HomeEconomíaFormación para o emprego e a prevención forestal en Bóveda

Formación para o emprego e a prevención forestal en Bóveda

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado pola directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, reuníase a pasada semanca co alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, e coa concelleira de Cultura do municipio, Cristina Juiz, co gallo de avanzar na colaboración entre ambas administracións para fortalecer a xeración de riqueza e emprego en Bóveda.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na xuntanza púxose de relevo a importancia da formación para o emprego de cara a mellorar as oportunidades laborais da veciñanza de Bóveda. Nesa liña, cómpre destacar que este municipio —xunto cos de O Incio e Pobra de Brollón— conta cunha axuda de preto de 412.000 euros para levar a cabo un obradoiro dual centrado en operacións auxiliares en viveiros e xardíns. Nese marco estase a beneficiar unha vintena de persoas participantes na formación teórico-práctica que contribúe, ademais, a mellorar servizos para a cidadanía nas zonas rurais.

Así mesmo, o concello de Bóveda é beneficiario desde 2021 do programa Aprol Rural cun achega global de máis de 57.000 euros, a través da que a Xunta busca promover a contratación de persoas traballadoras desempregadas para a realización de tarefas relacionadas maioritariamente coa prevención de incendios, como son a planificación preventiva, a valorización forestal, a silvicultura, a limpeza de montes ou a xestión da biomasa co obxectivo de proporcionarlles a experiencia e práctica profesional necesarias para facilitar a súa inserción laboral.

ÚLTIMAS

O CC Ponte Vella convida a gozar dun atractivo e amplo programa de actividades de Nadal

O Centro Comercial Ponte Vella de Ourense presenta un amplo e atractivo programa de...

A igrexa de Santa María de Nogueira, en Chantada, estrea mellora da contorna

O Concello de Chantada vén de rematar o acondicionamento da contorna da igrexa de...

Xornada sobre subvencións para empresas, este 16 de decembro no Centro do Viño da Ribeira Sacra

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next centra a actividade en seguir dotando de...

Monforte convida a mercar e divertirse no seu Mercado de Nadal

Chega unha nova edición do Mercado de Nadal de Monforte. Será os días 20...