HomeEconomíaAdxudicada a mellora de 6 estradas provinciais en Chantada

Adxudicada a mellora de 6 estradas provinciais en Chantada

En materia de turismo e promoción do territorio, a Xunta de Goberno da Deputación Provincial sacou adiante a convocatoria da sexta edición dos premios á excelencia do turismo e da gastronomía da provincia de Lugo

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta de Goberno aprobou a adxudicación, á empresa Fevisa Vías y Obras, da mellora por tramos de seis estradas provinciais cun orzamento de máis de 278.300€. Concretamente acondicionará:

  • Máis de 8 quilómetros da LU-P-1002, que conecta A Barrela coa Tilleira. Desde o quilómetro 6, á altura de Esmoriz, ata case o final da vía.
  • A totalidade da LU-P-1802, que une Chantada co Encoro de Belesar.
  • A medio quilómetro da LU-P-1803, que é a estrada que vai de Camporramiro a Castro de Carballedo, á altura da parroquia de Vilaúxe.
  • A totalidade da estrada LU-P-1805, que une o lugar de Seixo e Esmoriz.
  • Os 3 últimos quilómetros da LU-P-1806, que une Garabelos a Santa Rosa.
  • E os primeiros 100 metros da LU-P-11818, que vai de Xedive á Vilauxe. Un treito que enlaza coa N-540 á altura da parroquia de Pereira.

As actuacións en todas as estradas consistirán na reapertura de cunetas, reparación de desperfectos e repavimentación. E o prazo de execución deste proxecto será tamén de 3 meses desde que comecen as obras.

En materia de turismo convócase a sexta edición dos premios á excelencia do turismo e da gastronomía da provincia de Lugo con tres categorías: Premio Lugo Cambia ao turismo lucense; Premio Turismo Sostible; e premio …E para comer, Lugo á gastronomía lucense. Poden presentarse persoas físicas ou xurídicas, institucións e entidades públicas ou privadas, asociacións e colectivos sen ánimo de lucro, de ámbito local, autonómico, nacional ou internacional que destaquen nalgunha das tres modalidades e que teñan repercusión positiva no turismo ou na gastronomía a nivel provincial ou nunha zona específica. As candidaturas poderán presentarse a título individual ou por unha terceira persoa co consentimento expreso do candidato ou candidata.

Os galardóns serán entregados a finais de setembro nun acto público e como nas edicións anteriores, os premios consistirán nun diploma acreditativo e nun agasallo. Está previsto que as bases desta sexta edición do certame se publiquen nos vindeiros días no Boletín Oficial da Provincia.

ÚLTIMAS

Taboada celebra Raizames, encontro sobre a cultura do viño

O programa inclúe catas e degustacións; a proxección do documental Taboada, de Ribeira a...

“Profetas”, este 26 de maio no Auditorio Municipal de Quiroga

Elea López e Carlos Rebolo, fundadores da compañía luguesa, Ítaca Teatro, son os protagonistas...

O BNG do Saviñao interésase pola instalación dunha planta de biogás en Sanxumil

En palabras do portavoz nacionalista, “Queremos saber se hai algunha solicitude de permisos, prospeccións...

‘II Certame de Relatos Manuscritos’ organizado por Peruchela Edicións

Despois do éxito colleitado na primeira convocatoria, o pasado ano, Peruchela Edicións vén de...