HomeEconomíaNetworking e sinatura de convenio de colaboración entre a Asociación de Empresas...

Networking e sinatura de convenio de colaboración entre a Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next e Nordés Club Empresarial para afrontar os retos do tecido empresarial

Intenso mes de maio para a Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next que segue tendo encontros coas empresas asociadas para definir as primeiras accións a desenvolver.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next dará a coñecer proximamente os resultados destas xuntanzas de traballo común que se desenvolven no Parador de Turismo de Monforte. Entre tanto a Asociación segue aumentando o número de empresas asociadas e establecendo contactos e colaboracións que as beneficien e repercutan no territorio.

Así este venres na Adega Algueira asinouse un novo convenio de colaboración que se suma ós subscritos con A Túa Xanela, Caixabank e Gasóleos Monforte. Neste caso o convenio asinouse con Nordés Club Empresarial que en outubro de 2020 iniciaba a súa actividade para un ano despois abrir a súa sede física en Matogrande (A Coruña). Na actualidade con máis de 200 empresas socias, Nordés é unha asociación empresarial multisectorial privada que achega continente e contido, nun espazo híbrido no que se integran negocio e vida social/cultural. Un modo de atender de forma efectiva e integradora, aos retos do tecido empresarial e profesional do noroeste peninsular.

O convenio asinado este venres ten por obxecto:

  • Promover os contactos entre ambas as entidades, tanto no exterior como no interior de Galicia, así como a nivel internacional co resto das entidades con quen teña relación, co obxecto de favorecer o intercambio de información económica e empresarial.
  • Xerar posibilidades de negocio entre as persoas que pertenzan a ambas as asociacións, mediante o intercambio de propostas de negocios concretos nas que poidan participar tamén as propias asociacións como persoas xurídicas.
  • Facilitar á Asociación Ribeira Sacra Next como entidade e segundo o estipulado na cláusula de ventaxas, o acceso a Nordés Club Empresarial e á utilización das súas instalacións para organización de eventos definidos, así como a participación recíproca nas actividades programadas.
  • E cantas outras actividades poidan redundar no aumento e mellora da rendibilidade dos negocios dos seus socios e socias e na consecución dos obxectivos e intereses comúns do tecido empresarial de Galicia e a súa área de influencia.

Ademais da sinatura do convenio a xornada foi un evento networking no que integrantes de ambas asociacións tiveron a oportunidade de achegarse á Ribeira Sacra cunha viaxe en catamarán e cunha cata de viños en Adega Algueira, onde integrantes dos dous colectivos intercambiaron experiencias para rematar cun xantar networking.

Severino Rodríguez, secretario da Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next destacaba, “O proxecto que estamos poñendo en marcha é difícil, pero o que ten de difícil teno de imprescindible. Queremos xuntarnos para traballlar unidos/as e traballar en clave do noso territorio. Estamos convencidos de que a colaboración é o camiño para terminar cos localismos. Hoxe somos 85 socios e aspiramos a máis. Estamos facendo as cousas ben en nuns anos podemos ser un lobby para solucionar problemas. Estou namorado deste proxecto que creo nos vai axudar moitisimo.”

Pola súa banda o xerente do Club Empresarial Nordés, Gabi Barrós, aseguraba que queren chegar a toda Galicia con convenios como este para tentar acabar co minifundismo, “Na Coruña temos 200 empresas, desde empresas líderes do seu sector a autónomos/as que poden ser as vosas colaboradoras. Con este convenio as empresas da Ribeira Sacra teredes nas instalacións de Nordés un punto de referencia. Alí estaremos para o que necesitedes, nós acabamos de estar aquí e vós podedes vir cando queirades. Imos conseguir facer grandes traballos e grandes propostas en equipo para xerar negocio e calidade de vida”.

Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next e Nordés Club Empresarial, Networking / Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next

Vantaxes para empresas asociadas a Ribeira Sacra Next:

  • Desconto do 25% na cota de alta, vixente en cada momento, de Nordés Club Empresarial, e mentres non se alcance o número máximo de persoas socias.
  • Desconto do 25% en eventos organizados por Nordés Club Empresarial.

Vantaxes para a Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next:

  • Desconto do 25% na cota de alta, vixente en cada momento, de Nordés Club Empresarial.
  • Acceso á Newsletter interna de Nordés Club Empresarial.
  • Dous dereitos ás instalacións de Nordés Club Empresarial, para ser utilizados pola directiva ou staff.
  • Dereito a utilización das instalacións de Nordés Club Empresarial para a organización de eventos definidos nas mesmas tarifas que as empresas socias do Club.

ÚLTIMAS

O ‘Ecoturismo’ como proposta para poñer en valor e dinamizar o Courel

Este xoves quedaron inauguradas as Xornadas Técnicas Ecoturismo en Ancares-Courel: experiencias e reflexións para...

Campionato de España de Federacións Autonómicas de Pitch & Putt en Monforte

Este xoves tivo lugar xa unha xornada de adestramento nas instalacións do Club de...

Ribeira Sacra Next, a Asociación de Empresas innovando con raíces no rural

Na benvida institucional, Emilio Rial, director xeral de Coren en representación do Círculo de...

Chantada premia as mellores fachadas e balcóns na vila e no rural

O fallo facíase público esta semana cando as mellores decoracións recibían os seus premios...