HomesociedadeMedio Rural destaca as achegas de máis de 1.3M€ para a conservación...

Medio Rural destaca as achegas de máis de 1.3M€ para a conservación da contorna paisaxística na Ribeira Sacra

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, acompañada polo alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, visitou as instalacións da adega Alma das Donas, onde puxo en valor o labor que desenvolven as persoas viticultoras na conservación da contorna paisaxística e na loita contra a erosión nos viñedos da Ribeira Sacra. A adega foi unha das beneficiarias destas axudas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Paz Rodríguez asegurou que o cultivo da vide nesta zona, caracterizado polo sistema tradicional en socalcos con muros de pedra, ten un papel clave na configuración da paisaxe singular desta zona. Ademais de preservar este patrimonio agrario e natural, o sector vitivinícola actúa como motor económico da comarca, favorecendo a fixación de poboación, a remuda xeracional e a xeración de oportunidades para a mocidade rural, ao tempo que impulsa un atractivo turístico en constante crecemento. Destacou que a Ribeira Sacra abrangue vinte e seis concellos das provincias de Lugo e Ourense, configurados arredor dos ríos Miño, Sil, Cabe e Bibei, que marcan a identidade deste territorio.

A directora xeral explicou que o obxectivo destas achegas, que permitiron beneficiar a case 800 viticultores, é recoñecer o traballo que desenvolven os viticultores e a súa repercusión na conservación da paisaxe, que tamén ten unha importante relevancia social e turística. A maiores, destacou a importancia desta contorna, clave na candidatura a Patrimonio da Humanidade da Unesco.

Rodríguez lembrou que esta liña de achegas forma parte dun paquete de medidas de apoio aos viticultores da DO Ribeira Sacra, posto en marcha no ano 2024 para paliar as consecuencias da baixada de consumo de viño tinto a nivel internacional. Este paquete inclúe outras actuacións como as achegas para a destilación de crise, entre outras.

ÚLTIMAS

Carlos Blanco chega a Monforte dentro da programación teatral do primeiro semestre de 2026

A carteleira deseñada desde a Concellería de Cultura, e dentro do circuíto da Rede...

Arias aborda co alcalde de Taboada as melloras que se executarán na estrada autonómica LU611 que conecta con Rubián

Entre outras cuestións, Arias avanzou que a Xunta executará obras de conservación e mellora...

Atropelado por un tren tras cruzar un paso a nivel en Monforte

Un home resultou ferido este domingo tras ser atropelado por un tren en Monforte....

A Fundación Amigos de Galicia desenvolveu 1.428 atencións de orientación laboral na provincia durante o 2025

A atención presencial préstase desde a oficina situada na rúa Rolda das Mercedes, 14,...