HomeEconomíaTécnicos da Xunta asesoran nos concellos afectados polos incendios para a tramitación...

Técnicos da Xunta asesoran nos concellos afectados polos incendios para a tramitación das axudas

Co mes de outubro nos concellos de Pantón e Sober, afectados polo incendio de Pombeiro en setembro, abren as oficinas asistidas por técnicos da Xunta para axudar na tramición das axudas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nos Concellos de Pantón e Sober funciona desde este mes un servizo de asesoramento na tramitación de axudas polos danos do incendio que comezaba na parroquia de Pombeiro o 18 de setembro e que a Xunta daba por extinguido o 30 de setembro despois de calcinar 1.805 hectáreas, entre os municipios de Pantón e Sober.

Despois dos incendios de agosto, que afectaron principalmente á provincia de Ourense, a Xunta de Galicia aprobou unha serie de medidas urxentes para axudar na reparación dos danos causados polos lumes. Esas medidas amplíanse tamén a incendios posteriores como o que afectou a Pantón.

De modo que ata o 30 de outubro, as veciñas e veciños afectados poden acceder a un paquete de axudas para os danos producidos en vivendas, explotacións agrogandeiras, negocios, empresas e concellos.

O alcalde do Concello de Pantón, José Luis Álvarez, asegura que o municipio ía contar desde o comezo con este tipo de servizo, “xa que Pantón padeceu importantes danos con vivendas afectadas. A conselleira de Medio Rural, María José Gómez, xa anunciara que contariamos con axuda técnica para atender as xestións das persoas afectadas. Pensamos que o mellor espazo sería a casa da cultura e preparamos o acondicionamento técnico necesario para que desde este venres se poida comezar a axudar nas tramitacións”.

Para facilitar a cobertura e tramitación das solicitudes o Concello de Pantón habilita este servizo no que se poderán xestionar as axudas de Medio Rural, Medio Ambiente e Vivenda. Desde este martes, 7 de outubro, haberá asesoramento específico para comunidades de montes. O horario de atención é de 9:00 a 14:00 de luns a venres na planta baixa do centro sociocultural.

ÚLTIMAS

Sarria celebra ata o 23 de novembro a 13 Ruta 4×4

A competición, organizada pola asociación Os Carro x Catro e o Concello de Sarria,...

Pase de outono de ‘Vendaval’, o festival de cinema portugués da Ribeira Sacra

Vendaval, o festival de cinema portugués da Ribeira Sacra, comezou este xoves, 20 de...

Sete atletas da Gándara de Monforte competirán no Campionato de España de Cross en Atapuerca

Este domingo, 23 de novembro, o Centro Arqueolóxico Experimental de Atapuerca acollerá o Campionato...

Xa están en Monforte os cinco primeiros menores migrantes que tutelará a Xunta

A chegada dos menores farase de modo progresivo, de maneira que nesta semana chegaron...