A empresa de telecomunicacións Xanela xa é Operador Móbil Virtual (OMV) despois de asinar un convenio cun importante grupo empresarial de telefonía móbil: Aire Networks.
Esta compañía é un operador maiorista de telecomunicacións que ofrece solucións de conectividade, comunicacións, media, cloud e data center a operadores desde hai máis de 20 anos. Dispoñen de 20 centros de datos neutros de proximidade, 8 deles propios, ubicados por toda a península ibérica e Canarias, federados co resto de data centers neutros a través dunha rede propia de máis de 33.000 quilómetros ao longo de España e Portugal, con presenza en máis de 90 POPs nacionais e internacionais.
Tras o acordo de Xanela con este grupo convértese en OMV (Operador Móbil Virtual) podendo ofertar todos os servizos móbiles ao contar coa infraestrutura de antenas dun operador tradicional (ORM). Deste xeito, Xanela pode operar baixo a súa propia marca e ofertar servizos máis competitivos.
aire networks dispón dunha rede propia de máis de 33.000 quilómetros ao longo de España e Portugal
UN ACORDO PARA MEDRAR E OFRECER MELLORES SERVIZOS
“Con este modelo chave en man, o Aire Networks pon a disposición da operadora con base en Chantada unha plataforma integral para mellorar os seus servizos, así como para reducir a complexidade operativa e mellorar a calidade asistencial”, comentan dende Xanela. Este tipo de acordos, chamados end-to-end, inclúen voz, datos, CRM, BSS/OSS, portabilidades, facturación, aprovisionamento e reporting.
En España hai máis de 15 OMV, e a compañía de Chantada únese a eles para ofertar aos seus clientes opcións máis avanzadas, como eSIM, números cortos ou IP fixa no móbil, con acordos de cobertura e roaming altamente competitivos.
O director de Xanela, Iñaki Castiñeira, amosa a súa gran satisfacción co paso dado e o comezo dunha nova etapa da empresa galega que non para de medrar no sector da telefonía móbil: “O noso obxectivo é prestar o mellor servizo a todos os galegos, especialmente no rural, e este acordo permítenos dar un paso de xigante na prestación de servizo móbil”.
Carlos Cortés, director comercial no Grupo Aire, pola súa banda, explica que “el enfoque de nuestro modelo de creación de OMV llave en mano permite arrancar en tiempo récord y sin ninguna complejidad técnica, manteniendo la flexibilidad comercial y la escalabilidad para ofrecer nuevos servicios. Este acuerdo nos permite mejorar las comunicaciones móviles, especialmente en zonas rurales, de la mano de un cliente estratéxico como A túa Xanela”.
IÑAKI CASTIÑEIRA: “O noso obxectivo é prestar o mellor servizo a todos os galegos, especialmente no rural, e este acordo permítenos dar un paso de xigante na prestación de servizo móbil”

