HomeEconomíaÉxito do Mercado de Nadal de Pantón que abrirá os mercados da...

Éxito do Mercado de Nadal de Pantón que abrirá os mercados da comarca na primeira fin de semana de decembro

O Concello de Pantón celebrou os días 3 e 4 de xaneiro o I Mercado de Nadal. Unha decena de postos colocáronse na contorna da Praza do Concello e do Edificio Sociocultural ofrecendo os seus produtos, entre os que se podía atopar costura, xabóns e candeas, arxila, gancho, galletas, bolsos, xoguetes, xoias ou papelería.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Pantón abría o Mercado a profesionais na decoración de Nadal, nas antigüidades e na actividade artesá, profesionais no mundo da alimentación, dos xoguete ou dos complementos. Durante toda a fin de semana, en horario de mañá e de tarde moita xente fixo as compras de Reis na vila e no Mercado, aproveitando todas as actividades complementarias que se organizaban para a infancia.

Mercado de Nadal xaneiro 2026 / Concello de Pantón

O balance foi moi positivo, a xente non lle tivo medo ao frío e aproveitou para traer aos nenos/as ás actividades e para coñecer o Mercado, “Para ser o primeiro ano o balance é moi positivo, os postos participantes falaron desde o comezo de repetir porque estaba funcionando moi ben”, asegura a concelleira de Cultura, Cristina Domínguez, que xa anuncia data do II Mercado de Nadal de Pantón, a primeira fin de semana de decembro, “coincidiuse en que había que seguir e que a data idónea para os postos era comezos de decembro, así que decidimos establecer a primeira fin de semana de decembro como data fixa para esta celebración e abrir así os mercados de Nadal na comarca”.

Festival de Reis Pantón 2026 / Concello de Pantón

Desde o Concello de Pantón agradécese o traballo e a participación dos postos para este Mercado e tamén a participación da veciñanza nesta iniciativa e nas actividades da programación de Nadal. A este respecto destaca o éxito do tradicional Festival de Reis que o día 5 enchía o salón de actos do Edificio Sociocultural e a segunda edición de Infantilandia que se celebraba o 2 de xaneito no Pavillón Municipal, “en Infantilandia tivemos moitísima máis xente que o ano pasado, hai tamén moi boa resposta da xente de cerca. O mesmo pasa co Festival de Reis, veñen nenas e nenos doutros concellos que aquí poden estar no colo cos Reis, pasan un pedazo, danlles lambetadas. Non é a distancia dunha cabalgata, aquí están ao quentiño, é moito máis cercano, por iso aproveitan para vir nenos e nenas con necesidades especiais, que se encontran moi a gusto no noso Festival de Reis”, explica Domínguez.

Infantilandia Nadal Pantón / Concello de Pantón

ÚLTIMAS

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...

O PP advirte que “o Goberno de Sánchez non compromete unha data para o remate da rehabilitación da N-540”

Os deputados do PP no Congreso por Lugo e Ourense consideran preocupante que “o...

Xornada de formación ambiental e pesca responsable en Monforte

A cidade de Monforte acolleu unha interesante xornada formativa sobre medioambiente e pesca responsable...