InicioEconomíaEvento sobre organización de vodas, bautizos e comuñóns en Monforte

Evento sobre organización de vodas, bautizos e comuñóns en Monforte

Os vindeiros días 16 e 17 de febreiro terá lugar unha nova edición do ‘ShowRoom Bodas & Eventos’ nas instalacións do Restaurante Don Manuel.

Publicado o

- Advertisement -

O certame pretende inspirar e axudar aos noivos que desexen organizar a súa voda e, en xeral, a todo aquel que queira organizar un evento, como pode ser unha comuñón ou bautizo.

No espazo que se habilitará no coñecido restaurante monfortino haberá unha zona expositiva onde se exhibirán as últimas tendencias en traxes de noivos, de gala, comuñón e bautizo, complementos, pastelería, e outros servizos relacionados co sector.

ShowRoom Bodas & Eventos 2019 contará con zonas habilitadas para que as empresas participantes oferten os seus servizos de forma personalizada a todos os asistentes que vaian ao evento. Os interesados e interesadas que pasen por alí poderán recibir información e asesoramento especializado á hora de organizar un evento, dende a idea inicial ata o seu desenvolvemento e xestión posterior para que non quede ningún detalle á improvisación e o resultado final sexa un éxito.

O certame ofertará servizos de animación, decoración con globos, floristería, fotografía e vídeos, invitacións e decoración, xoiería e orfebrería, lencería, animación e ambientación musical, perruquería e make up, peiteados en directo, maquillaxe, repostería, tocados e complementos, traxes, viaxes e turismo, coches clásicos, food trucks e coctelería.

Ademais do apartado de exposición, mostra e asesoramento multidisciplinar para organizar de forma profesional un evento, haberá tres destacadas actividades: un desfile de noivos, gala e comuñón, un sorteo bono-agasallo e unha acción fotográfica para promover o hashtag #celebraenribeirasacra

O desfile de noivos, gala e comuñón celebrarase o domingo 17 de febreiro ás 19:00 horas. Contará coas últimas tendencias en moda para eventos, maquillaxe e complementos e contará coa participación de modelos profesionais.

O bono-agasallo de 2 ceas para 2 persoas no restaurante Manuel Bistró de Monforte de Lemos sortearase entre todos os asistentes que acrediten a asistencia ao Showroom.

Para darlle relevancia ao evento en redes sociais está programada unha sesión de fotos de voda e gala en diferentes localizacións da Ribeira Sacra co fin de compartilas despois co hashtag #celebraenribeirasacra.

ÚLTIMAS

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...