HomeEconomía45 desempregados de Monforte obterán o certificado de profesionalidade con cursos de...

45 desempregados de Monforte obterán o certificado de profesionalidade con cursos de florería e instalación de mobles

O día 1 de marzo comeza a programación de cursos propios na Unidade de Acción Formativa que xestiona A Consellería de Economía, Emprego e Industria en Monforte de Lemos.

Publicado o

- Advertisement -

Os tres cursos para traballadores desempregados que dan dereito á obtención dun certificado de profesionalidade, teñen un investimento de 77.700 euros. A primeira actividade será a de Actividades auxiliares en florería, que rematará a comezos de xullo.

Na segunda quincena de marzo comezará un curso sobre Instalación de mobles, que se prolongará ata finais de setembro. E xa no mes de xuño porase en marcha un terceiro curso, sobre Actividades de florería, que rematará en novembro.

As persoas que estean interesadas nestas actividades poden coñecer as datas concretas de inicio e outra información de interese no propio centro de formación, situado na rúa Camiño Real. O centro está dotado de dúas aulas, talleres interiores para carpintaría e talleres exteriores nunha parcela de 1800 metros cadrados destinada a cursos agrarios, con dous invernadoiros. Imparte fundamentalmente cursos de carpinteiro, ebanista, horticultor, xardineiro, floricultor e florista.

ÚLTIMAS

Este 16 de maio comeza o “Descubrir Quiroga” percorrendo o Camiño de Inverno

Este xoves o concello de Quiroga presentaba o programa que comeza xa coa súa...

En marcha as obras da estrada provincial que une Chantada e Os Peares

A actuación permitirá acondicionar un total de 23 quilómetros de vía, concretamente entre os...

O Concello de Chantada mellora a limpeza das beirarrúas

O Concello de Chantada a través da concellaría de Infraestruturas Urbanas coordina o comezo...

Sarria Bikers, a concentración moteira de Sarria celébrase do 15 ao 17 de maio

A Xunta renova o seu apoio á concentración moteira organizada polo club Sarria Bikers,...