HomesociedadeSemente Monforte premia a innovación e na 6ª edición será Semente Ribeira...

Semente Monforte premia a innovación e na 6ª edición será Semente Ribeira Sacra

O 1º Premio dotado con 8.000 euros foi para Sense-Z, Sistema para detección de alérxenos en alimentos.

Publicado o

- Advertisement -

O concurso de ideas empresariais “A Semente” de Monforte, que organiza a Asociación homónima, premiou tamén con 5.000 euros o proxecto Smartwood, Plataforma de prestación de servicios dixitais a propietarios forestais, que se levou o segundo premio. O terceiro foi para Itechterm, Sistema de monitorización de variables sanitarias para gando vacún, que recibiu 3.000€.

O vindeiro ano, na sexta edición, o premio pasará a chamarse Premio Semente da Ribeira Sacra ao incorporarse 6 novos Concellos da zona sur da provincia, que colaborarán no certame na vindeira convocatoria: A Pobra de Brollón, Pantón, O Saviñao, Sober, Chantada e Bóveda. Adhírense tamén a esta colaboración as Deputacións de Ourense e Lugo, esta última fará unha achega de 3.000 euros.

Este galardón, de 16.000 euros, valora con consideración especial os proxectos innovadores e viables que teñan como obxectivo o desenvolvemento do medio rural na Ribeira Sacra, así como a posta en valor dos seus recursos. Entre os obxectivos do premio está dinamizar o tecido empresarial galego e poñer en contacto a persoas con propostas de negocio innovadoras con inversores e representantes de empresas con recursos económicos. Entre as empresas patrocinadoras atópanse marcas como CaixaBank, BricoKing, Naturgy, Inveravante, R, Rectoral de Amandi, Estrella Galicia ou Gadis.

V Edición do Concurso de Proxectos Empresariais / Semente Monforte

Nesta 5ª edición seleccionáronse 10 proxectos que os emprendedores tiveron que expoñer publicamente perante un xurado composto por representantes das entidades colaboradoras no premio: 1 voceiro de cada unha das tres universidades galegas, 2 da Asociación Semente de Monforte, 1 de cada unha das 13 empresas patrocinadoras, 1 do Concello de Monforte de Lemos; e 1 do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE).

No acto tamén estivo presente a Tenente de Alcalde do Concello de Monforte de Lemos, Gloria María Prada Rodríguez, entre outras autoridades; o voceiro da Asociación A Semente de Monforte, Severino Rodríguez Díaz e a representante dos empresarios patrocinadores, María Bargaso.

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica obras en vías de Taboada e Láncara

A Xunta de Goberno celebrada este venres adxudicou as obras de dous proxectos, “que...

O Folión de Carros protagonista do stand do Concello de Chantada en Turexpo Galicia

Turexpo Galicia figura no calendario nacional como unha cita destacada para todos os axentes...

Chantada acolleu unha xornada sobre pastoreo extensivo

A xornada contou coa intervención de gandeiras e gandeiros, investigadoras e persoal técnico de...