HomeMedio ambiente e PatrimonioComezan os paseos en barca polo río Cabe en Monforte

Comezan os paseos en barca polo río Cabe en Monforte

Estas rutas en barca parten do embarcadoiro do Parque dos Condes.

Publicado o

- Advertisement -

Dende a mañá do pasado sábado 16 de xuño xa se pode desfrutar dos tradicionais paseos en barca polo río Cabe. Durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro poderase realizar unha travesía por este enclave do concello de Monforte de Lemos.

O organismo encargado de xestionar esta actividade é o Clube de Montaña e Piragüismo Quixós, que se ocupa do mantemento das barcas e o cobro e atención aos pasaxeiros. O prezo desta ruta é de 3,25 euros, coma en anos anteriores, e só se permite un máximo de seis persoas en cada barca. Os paseos parten do embarcadoiro do Parque dos Condes e poderán facerse de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 e as fins de semana tamén en horario de mañá de 11:00 a 14:00.

Esta actividade inaugurouse despois de diversos traballos de adecentamento do entorno do Parque dos Condes e o río Cabe, e para o alcalde de Monforte, José Tomé, estas travesías “permiten gozar dunha perspectiva diferente da nosa cidade e que soamente é posible ter dende o río”.

ÚLTIMAS

Gandaría Quintián do Páramo, a transformación para xerar valor engadido

Na visita á Gandaría Quintián, o delegado territorial destacou, que se trata dunha empresa...

“Quiroga, terra de acollida”, este 26 de novembro no Faladoiro

Terriña Salvaxe é o proxecto desta parella valenciana, que decidiu apostar pola vida no...

A actriz, María Vázquez, recibirá o XXIII Premio Facer País o 29 de novembro en Láncara

A presidenta da asociación promotora do premio, asociación Val do Láncara, Marta Horbán, o...

Conmeracións do 25N, condena unánime á violencia machista

O Concello de Monforte de Lemos conmemorou o 25-N, Día Internacional da Eliminación da...