HomeMedio ambiente e PatrimonioInteresantes actividades en Folgoso do Courel

Interesantes actividades en Folgoso do Courel

Coñecer as herbas que leva o ramo de San Xoán e practicar barranquismo, dúas propostas de balde para gozar do Courel.

Publicado o

- Advertisement -

O Centro de Interpretación de Moreda do Courel está a organizar do día 18 ao día 23 de xuño, en horario de 11:00 a 13:00 h., unha interesante actividade relacionada coa celebración do San Xoán. Seguindo a tradición, a xente do Courel elabora ramos con diferentes herbas co obxectivo de protexer a casa nesta noite máxica. Daquela, o obradoiro convida aos interesados e interesadas a coñecer as plantas que tradicionalmente se empregan para confeccionar os ‘ramos de San Xoán’.

Para anotarse ou pedir máis información pódese contactar no teléfono 600823416 ou a través do correo electrónico cimoredadocaurel@gmail.com

E xa de cara a final de mes, aqueles que buscan practicar deporte de aventura en plena natureza poden gozar do barranquismo os días 29 e 30 de xuño.

O Xeoparque Mundial da Unesco Montañas do Courel organiza esa fin de semana o I Encontro de Barranquismo en Folgoso do Courel. O sábado 29, tras a recepción de participantes, farase ás 10:30 h. a presentación da “Guía de Barrancos e Canóns – Montañas do Courel Xeoparque Mundial da Unesco”. A continuación, entre as 11:00 e ás 20:00 h.,  realizaranse as actividades nos barrancos e ás 20:30 h. terá lugar a charla “O Xeoparque Mundial da Unesco Montañas do Courel” e a presentación oficial dun vídeo sobre o Xeoparque. A intensa xornada rematará cunha cea de confraternidade ás 21:30 h.

O domingo 30 a actividade céntrase na práctica do barranquismo entre as 9:30 e as 13:00 h. Despois farase un sorteo de material entre os participantes.

A inscrición previa (de balde), e o regulamento que se acepta con ela, na web: https://www.courelmountains.es/eventos

ÚLTIMAS

O Club Quixós de piragüismo remata a tempada cun segundo posto no Campionato Galego de Promoción Slálom

O Campionato Galego de Promoción Slálom contou esta mañá en terras pontevedresas con 51...

Un incendio en Ribas de Sil calcina unha superficie de tres hectáreas

Ribas de Sil rexistrou esta tarde un incendio forestal que calcinou unha superficie de...

Sorteo de prazas do Programa Activa Monforte o 14 de outubro

O sorteo público de prazas do Programa Activa 2026-2027 que se celebrará o vindeirmércores...

O 17 de outubro “Vémonos no Camiño” percorrerá o treito entre Pantón e Belesar

A andaina comezará ás 10:00 horas no Mosteiro de Ferreira de Pantón, nunha xornada...