HomeMedio ambiente e PatrimonioMedio Rural ofrecerá axudas para previr os danos causados por incendios

Medio Rural ofrecerá axudas para previr os danos causados por incendios

Estes apoios están destinados a dúas liñas de acción: as destinadas ao control selectivo do combustible forestal e á construción de puntos de auga.

Publicado o

- Advertisement -

A Consellería do Medio Rural vén de anunciar que subvencionará a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes. Poderán beneficiarse destes apoio os titulares de montes veciñais en man común, agrupacións, mancomunidades e Sociedades de Fomento Forestal (Sofor). Na provincia de Lugo o total das axudas ascende a máis de 1.130.000 euros, que chegarán a 126 beneficiarios.

Dentro deste proxecto recóllense dúas liñas de subvencións. Unha está destinada ao control selectivo de combustible forestal e a outra é para a construción de puntos de auga. Serán os propios solicitantes quen presenten un plan de traballo de acordo cunha delas, e comprometeranse a levar a cabo esas tarefas nun prazo de catro meses dende a notificación da concesión da axuda. Nalgúns casos, a porcentaxe que se subvencionará chegará ao 100% do custe das accións.

Estas axudas chegarán a 37 concellos da provincia lucense, con cantidades entre os 2.800 e os 25.000 euros. En Galicia, o montante destas subvencións é de máis de 4,5 millóns de euros.

ÚLTIMAS

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...

457.000€ para mellorar o servizo de recollida de lixo no Saviñao

Entre o novo material destaca un camión con sistema de carga traseira, destinado á ...

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...