HomeMedio ambiente e PatrimonioA Xunta lembra que as autorizacións do parque eólico Serra do Oribio...

A Xunta lembra que as autorizacións do parque eólico Serra do Oribio veñen da época do bipartito

O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, indicou este venres que o parque eólico da Serra do Oribio, “cumpre todo o procedemento administrativo” e ten “todas as autorizacións en regra”, un proceso que atribuíu ao Goberno bipartito da Xunta.

Publicado o

- Advertisement -

A deputada nacionalista Olalla Rodil levou á Comisión de Educación e Cultura do Parlamento a “preocupación social” pola construción deste parque eólico, dados “os prexuízos que vai causar sobre un espazo natural protexido”, así como por danos no “patrimonio cultural” e no Camiño de Santiago, que transcorre pola zona.

Como contestación, o director Xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, lembrou que este parque ten unha autorización administrativa que data de 2007. Segundo palabras súas, foi “emitida por unha consellería gobernada polo BNG”, “está plenamente vixente” e conta cunha declaración de impacto ambiental “tamén emitida por esa Xunta en 2005 e plenamente vixente”. “Todas as autorizacións administrativas que vostedes ditaron atópanse plenamente vixentes”, apuntou.

Máis información en Lugo Xornal.

ÚLTIMAS

O CC Ponte Vella convida a gozar dun atractivo e amplo programa de actividades de Nadal

O Centro Comercial Ponte Vella de Ourense presenta un amplo e atractivo programa de...

A igrexa de Santa María de Nogueira, en Chantada, estrea mellora da contorna

O Concello de Chantada vén de rematar o acondicionamento da contorna da igrexa de...

Xornada sobre subvencións para empresas, este 16 de decembro no Centro do Viño da Ribeira Sacra

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next centra a actividade en seguir dotando de...

Monforte convida a mercar e divertirse no seu Mercado de Nadal

Chega unha nova edición do Mercado de Nadal de Monforte. Será os días 20...