HomeMedio ambiente e PatrimonioAnimalistas denunciarán a brutal paliza dun cazador a unha cadela a que...

Animalistas denunciarán a brutal paliza dun cazador a unha cadela a que disparou en Chantada

"Son cazador e podo disparar a quen me sae dos collóns", dixo.

Publicado o

- Advertisement -

Un cazador disparou e “golpeou brutalmente” a unha cadela este sábado no municipio de Chantada (Lugo) que tivo que ser tratada de urxencia por ferida de bala e múltiples traumatismos.

Asi informou a asociación animalista Libera, tras coñecer o suceso a través dun vídeo difundido en redes sociais por un condutor que se decatou da escena ao escoitar o son dun disparo.

Segundo Libera, o cazador afirmou á persoa que gravou o vídeo que “era cazador e pode pegar tiros a quen lle sae dos collóns”. Este feito xerou a indignación dos internautas e de diferentes entidades animalistas como a ONG Mundo Vivo, que avanzou que “se personará como acusación particular nun hipotético procedemento xudicial”.

En caso de xuízo, o suxeito podería “ser acusado dun delito de malos tratos animais e enfrontarse a penas de ata un ano de prisión ou 18 meses de cárcere” no caso de que faleza a cadela, advirten os animalistas.

Neste contexto, a asociación animalista Libera mostrou a súa “repulsa” ante o suceso mediante un comunicado e tamén denunciou a repetición deste tipo de acontecementos en Galicia “nos últimos tempos” así como a “impunidade” de gran parte deles.

OS ANIMALISTAS RECLAMAN MÁIS MEDIDAS

Os animalistas afirman que a Consellería de Medio Ambiente tamén “tería aberta a vía administrativa para inhabilitar e sancionar con multas de ata 30.000 euros a este cazador por disparar intencionadamente aos animais”.

Así mesmo, este luns trasladarán ao Parlamento diferentes iniciativas para “demandar medidas coercitivas efectivas” como o “incremento das inhabilitacións” ou a “reclamación dun rexistro autonómico de maltratadores”.

ÚLTIMAS

457.000€ para mellorar o servizo de recollida de lixo no Saviñao

Entre o novo material destaca un camión con sistema de carga traseira, destinado á ...

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...